Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sara Cortegoso e Arlet Ortiz, bronce en Estambul

taekwondo. As galegas Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) e Arlet Ortiz (-57, Mat´s) acadaron a medalla de bronce na President´s Cup, que se está a disputar estes días en Estambul. Sara Cortegoso, que viaxaba coa Federación Galega, acadou o metal tras superar en primeira rolda á turca Seher Tur Sen con bastante superioridade. Nos cuartos de final a galega tivo unha loita moita máis pechada coa española Sofía Marquina, que se decidiu no terceiro asalto, con triunfo de Cortegoso. A galega só caeu derrotada na semifinal ante a alemá Sueheda Ger Celik, quen finalmente logrou a medalla de prata. Con este resultado, Sara colócase primeira no ranking nacional para ir ao campionato do mundo. Pola súa banda, Arlet Ortiz (convocada coa selección española) logrou subir ao podio a recoller o seu bronce tras superar en primeira rolda á española María Jiménez (2-1) e nos cuartos de final á ucraína Darya Kostenevych, tamén en tres asaltos. Na semifinal caeu ante Hatice Kubra Ilgun (Alemaña), deportista cun curriculum espectacular (medallista olímpica en Tokyo, campioa de Europa, prata e bronce mundial) e que foi a deportista que logrou o ouro nesta President´s Cup. Ademais, tamén participaron na President´s Cup feminina Irene Montemuíño (-62, Natural Sport), Alma Pérez (-53, Suh Sport) e Tania Castiñeira (+73, Hebe). m.a.

07 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.