Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Sete patinadoras de Ames competirán en categoría nacional cadete e sénior

PATINAXE Esta pasada fin de semana celebrouse na Laracha o campionato de preseleccións provinciais libre de patinaxe nas categorías de cadete a sénior. Trátase da primeira proba do ano na que se decide que patinadores e patinadoras van competir en categoría nacional e en rexional. Deste xeito, un total de 7 patinadoras de Ames (dúas patinadoras do Sarela e cinco do Omega) competirán na categoría nacional o que resta de temporada. Do Club Patinaxe Sarela competirán en categoría nacional Inés Peña (cadete) e Alba Valladares (xuvenil).

Por outra banda, do Club de Patinaxe Artística Omega competirán en categoría nacional as patinadoras Irene Enríquez, Martina Bretaña, Marta Lariño e Claudia Villar, todas pertencentes á categoría cadete, así como Idara Pensado, que o fará na categoría xuvenil. ecg

08 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito