Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un mes para facer o ‘Trail polo Faro’ de Corcubión

Santiago. O Concello de Corcubión organiza o II Trail Correndo polo Faro, reto que inclúe facer a carreira entre os días 15 de xullo e 15 de agosto. A competición é individual e totalmente gratuíta.

O percorrido comenzará e finalizará no faro de Corcubión. Este xoves, o Concello publicou fotos do punto de saída e percorrido; na saída haberá codigo QR con información e percorrido, e cada parte dispón dun total de 30 días para poder realiza-la proba, escollendo tamén o horario que desexe.

Non haberá entrega de dorsais, como é habitual, e cada corredor deberá levar o seu reloxo GPS que rexistre a actividade realizada, ou télefono móbil. Despois deberá compartila por correo electrónico a dirección carreiracorcubion2020@gmail.com co fin de comprobar que fixo o recorrido correctamente, e que non fixo pausas de tempo durante o recorrido.

Haberá trofeo para o mellor tempo, tanto feminino coma masculino.Tamén sortearanse dous vales por 50 euros cada un en material deportivo entre todos os participantes. na proba.

Cos tempos que vaian chegando iranse facendo as clasificacións, que serán compartidas na paxina web e redes sociais do Concello, e a entrega de trofeos farase a finais do mes de x aneiro e de forma individual. Os corredores poden compartir algunha foto para ir confeccionando un álbum e ir publicando fotos ao longo dos 30 días deste curioso reto atlético. ECG

15 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.