Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xunta e Ufedega avanzan na reactivación do deporte

Santiago. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Unión de Federacións Deportivas de Galicia (Ufedega) mantiveron no día de onte un novo encontro para afondar na reactivación do deporte galego. Alí, nunha cita encabezada polo secretario xeral, José Ramón Lete Lasa, e o presidente de Ufedega, Rafael Louzán, debatíronse algúns dos principais temas que preocupan ás distintas federacións.

Entre eles, tratouse a situación do deporte de ámbito nacional non profesional e especialmente a revisión dos protocolos de prevención sanitaria da covid-19 no deporte federado, de cara ás vindeiras xornadas de competición. Ademais a xuntanza de onte serviu como previa do Foro de Reactivación do Deporte Galego, que terá lugar hoxe de xeito telemático.

Por último, os representantes das dúas institucións comezaron a despexar as primeiras dúbidas de cara á sinatura dos convenios de colaboración entre a Secretaría Xeral e as 58 federacións autonómicas. REDACCIÓN

16 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.