Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sobrado: unha historia de reconstruccións

Aprimeira documentación do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes remóntase ao século X (ano 952) cando os condes de Présaras , Hermenegildo Alóitez e a súa dona Paterna Gundisíndez), fundan un cenobio familiar dúplice, con sección para homes e para mulleres.

Pouco se sabe dos seus inicios. Pero xa a principios do século XI o cenobio atópase abandonado. Posteriormente será herdado por membros dos fundadores, Fernando e Bernardo Pérez de Traba, que entregan o mosteiro aos monxes cistercienses, polo que Bernardo de Claraval envía, dende a súa abadía en Francia, unha comunidade de monxes (ano 1142).

Os séculos XII e XIII corresponderán a unha etapa de gran desenrolo económico (importante centro de producción de viño, trigo, sal...) e social. Pero o século XIV, como en todos os mosteiros do país e europeos, traerá consigo unha gran decadencia por causas moi diversas (peste, fame, presión dos novos poderosos señores feudales...)

A finais do século XV, inicios do XVI, de novo o mosteiro revive unha etapa dourada. Sobrado recupera gran parte do seu poder e importancia sobre todo a partir da época dos Reis Católicos, iniciándose a construcción da meirande parte dos edificios que agora se conservan, entre eles a igrexa (que será rematada a finais do aséculo XVIII).

Desta época de gran desenrolo e importancia do cenobio,data tamén a construcción da lagoa de Sobrado,represa que embalsa auga de pequenos regatos, e que é lugar do nacemento do río Tambre. A lagoa (con cerca de 10 ha. de superficie e unha profundidad máxima de 4,5m.) ten unha orixe é artificial, aínda que a día de hoxe aparece totalmente naturalizada. Coa súa creación (1500 – 1550) por parte dos monxes, tratábase de abastecer ao mosteiro con fines diversos: regadío de cultivos, muíños,piscifactoría, auga corrente para o mosteiro...Constitúe un dos humidais máis importantes e interesantes de Galicia, polo súa riqueza en flora e fauna. Nos seus arredores, a vexetación corresponde fundamentalmante a un tipo de bosque caducifolio: abedul,fresno,carballo, sauce, ameneiro. As súas augas son abundante en nenúfares, tréboles de auga, espigas de auga, xuncos. Tamén posúe unha alga exclusiva deste lugar, a Nitella Flexilis, que vive permanentemente sumerxida. A presenza desta alga certifica a boa calidade da auga. Entre as aves acuáticas abundan o pato de cuchara, o martín pescador, a focha común, ánades azulones e as cercetas, así como diversos animais que viven no seu leito: nutria, rata de auga, salamandra,culebra de auga, tritón, ranas...

Unha nova etapa de decadencia culminará no ano 1834 coa supresión do mosteiro por Real Orde (época das Desamortizacións de Mendizábal). A venda de edificios e posesións a persoas non relacionadas coa vida eclesiástica e relixiosa, supoxo o deterioro dos edificios e a súa posterior ruina.

No ano 1954, por encargo do cardenal Fernando Quiroga Palacios (arzobispo de Santiago de Compostela) faise cargo da reconstrucción o mosteiro cisterciense de Viaceli (Cantabria) envíándose no ano 1966 unha comunidade de monxes Trapenses (pertencentes ao Císter, pero caracterizados por unha observancia máis estricta das normas). Deste xeito, reiniciase a vida monástica en Sobrado.

Entre as edificacións máis características do mosteiro podemos citar a igrexa, un dos principais monumentos do barroco galego. A súa construcción no século XVII conservará restos da antigua igrexa do século X (motivos artísticos mozárabes). Será no ano 1647 cando o arquitecto Pedro de Monteagudo realice a espectacular fachada barroca (cunha lonxitude de 60m X 35 de altura) concluída no ano 1676. O interior da igrexa está actualmente vacío casi na súa totalidade. Tan só a capela do Rosario (primeira capela barroca gallega concebida para crear un ambiente teatral, con exuberante decoración naturalista de froitas, vexetais e animais) e a capela de San Xoan Bautista (restos da primitiva abadía medieval construída con fines funerarios e con impresionante sepulcros medievais) rachan ese ambiente de soidade. Outras dependencias a destacar son a Sala Capitular, o refectorio, a cociña, a sacristía (obra de Juan de Herrera realizada entre os anos 1569 – 1572, un fermoso exemplo do Renacemento en Galicia que combina os distintos ordes clásicos) e a biblioteca.

O mosteiro dispón de tres claustros. O Claustro da Hospedería ou dos Peregrinos, de comezos do século XVII, rehabilitado no ano 1972. De planta cadrada, posúe dous pisos con dous estilos clásicos: dórico na planta baixa e jónico na superior. O Claustro dos Medallóns, refeito na súa totalidade entre os séculos XVI e XVIII. De planta rectangular, nel aparecen esculpidos os rostros de distintos personaxes ( apóstoles,obispos, cabaleiros...). Finalmente o Claustro Grande, non visitable, construído tamén entre o XVI e o XVIII.

O monasterio actualmente é albergue de peregrinos e hospedaría. No cenobio conviven 14 monxes adicando a súa vida a oración, coidado da horta, elaboración de dulces de leite...O mosteiro posúe unha vaquería en réxime de alquiler, sendo un monxe o encargado do seu control.

Sobrado foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional e Patrimonio da Humanidad pola Unesco (ano 2015) ao formar parte do Camiño do Norte.

30 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito