Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A información deste ‘12-X’ na Crtvg, en tempo real con puntos en directo

Os xornalistas da Televisión de Galicia Marta Darriba, Ana Celia Vázquez e Carlos F. Amado van presentar, desde as 19.30 horas, un ‘Especial eleccións’

Os medios da CRTVG ofrecerán hoxe unha cobertura informativa especial con motivo das eleccións autonómicas en Galicia (12-X). Esta programación comezará na TVG xa ás 9.00 horas para informar da apertura dos colexios.

Durante toda a xornada haberá conexións en directo con puntos de toda Galicia e co Centro de Datos. A media tarde (18.30 h), ofrecerase un adianto informativo, e ás 19.30 horas comezará un Especial eleccións.

Este espazo, presentado por Marta Darriba, Ana Celia Vázquez e Carlos F. Amado, achegará ás 20.00 h os resultados dunha sondaxe encargada pola Corporación a GFK, e elaborada cun mínimo de 14.400 enquisas a pé de urna en 120 colexios electorais e 1.400 consultas telefónicas. Desde ese momento, será o tempo para ofrecer datos do escrutinio en tempo real e unha análise dos mesmos por parte de expertos, nun espazo que se realizará desde o Estudio 5 de San Marcos.

Ao longo das cinco horas previstas de duración d estableceranse roldas de conexións con xornalistas desprazados en 9 puntos de directo, entre as sedes das forzas políticas, o Centro de Datos e colexios electorais. Recolleranse tamén as reaccións no País Vasco, onde se celebran tamén eleccións autonómicas.

Para a análise da noite electoral, a TVG contará con dúas mesas de analistas formadas por: Arturo González (director de Quadernas Consultoría), Matilde Massó (profesora de Socioloxía da UDC), Nacho Capeáns (xornalista e director de Onda Cero Galicia), Miguel Anxo Bastos (profesor de Ciencia Política da USC), Ana Pardo de Vera (xornalista e directora corporativa de Público), Xosé Luis Gómez (xornalista e editor de Mundiario), María Cadaval (profesora de Economía Aplicada da USC) e o consultor político Santiago Martínez.

A Radio Galega realizará tamén un amplo despregamento nesta xornada, desde as 8.00 horas e con edicións especiais do Galicia por diante e A crónica (14.00 h). A partir das 19.45 horas dará comezo un programa especial de eleccións, coa participación dos analistas Lalo Pavón, Luis Pérez, Ana Luisa Bouza e Arturo Maneiro, onde se contactará tamén cun amplo equipo de colaboradores habituais da Radio Galega para coñecer máis interpretacións sobre os resultados das urnas.

Por outra banda, un equipo de profesionais da CRTVG traballará durante esta xornada para achegar desde as canles dixitais toda a información en tempo real, tanto na web crtvg.gal como nas redes sociais. Nestas canles poderanse consultar os datos oficiais que vaia facilitando, minuto a minuto, o Centro de Datos da Xunta. Este escrutinio será accesible desde calquera tipo de soporte.

O despregamento de profesionais da CRTVG estará marcado sempre polas medidas de prevención adoptadas pola Corporación para os seus traballadores e manter así a liña de seguridade que esixe a actual situación.

11 jul 2020 / 19:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.