Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
{ TWITTER ON THE ROCKS CON TRES GOTAS DE RON }

noxo ao brócoli

e ti cres nas enquisas? Podemos ser fans ou non dos sondeos, pero Electomanía arrasa co seu perfil de Twitter coa mellor bola de cristal. Para as eleccións galegas, ofrece un auténtico Polbómetro (con B, non sexan mentes perversas) cun posible resultado do 12-X. E vaticina un claro maremoto (e non precisamente das Mareas) con 42 gotas de auga para Feijóo (perdón, para o PP). A rosa PSdeG logra 16 representantes, o queixo BNG 14 e a berenxena Galicia En Común tres.

TEMPOS SEN ABRAZOS Aclaramos que se trata dunha mera enquisa de Electomanía, non das nosas previsións ou desexos. Poden consultar máis en @electo_mania. Nestes tempos sen abrazos, hai que improvisar saúdos cando menos pintorescos. Aquí vemos a @FeijooGalicia co presidente da Junta de Castilla y León, Alfonso F. Mañueco, que non saben como colocar os brazos mentras sorrín ao público. Ao mesmo tempo, a imaxe queda ben: en plan chavalotes de peli 80’s dun instituto estadounidense. Xa saben que un pouco de peloteo nunca está de máis.

selfie ante o equipo socialista. Seguindo co momento pelota, algunha vez viron de cerca a @G_Caballero_M? Sabían que ten os ollos verdes-verdes como canicas de colexio? Aquí aparece nunha autofoto co seu equipo de fondo e o mítico bus de campaña.

Entre perfil de Twitter e perfil de Twitter, descubrimos o seguinte chío: “O Supremo obriga a Trump a entregar a súa información fiscal e financieira á Fiscalía”. Aquí hai tomate Orlando. Ao ano 2020 pásalle como o da tostada con mantequilla ou Lei de Murphy: todo é susceptible de empeorar. E falando de meternos de charco en charco, a ver que pasa coa Mariña con esa reapertura e as eleccións do domingo. Ao final, ata volveremos ás rutinas máis férreas do confinamento da pasada primavera: unha vida adicada ás recetas de cociña, teletraballo 100%, películas por un tubo e olladas de desconfianza no supermercado.

VOLVEN AS DÚAS MARÍAS Ao igual que outros candidatos de esquerdas nos pasados días, @anaponton elixe posado coas Marías de Santiago. E mesmo transforma esta foto no seu perfil de Twitter, con mascarilla para unha das figuras incluída. Aproveitamos para manifestar de novo o noso amor por Santiago de Compostela, e por esa mítica Alameda dos universitarios. Por certo, o BNG leva no número 3 da candidatura por Ourense a María González Albert: gran amiga e compañeira miña de Xornalismo. Como a noria da Ascensión, sabemos que a vida ten subidas e baixadas. Bicos.

gómez-reino transfórmase en cefalópodo Esta páxina iniciábase cun Polbómetro (con B). E remata con @AntonGomez Reino directamente transformado nun anfibio, ou mellor aínda nun cefalópodo con tanto chapuzón retransmitido polas redes. O refresco ben o necesitaba onte despois do mitin realizado con Yolanda Díaz en Ferrol. O acto de Galicia En Común celebrouse en pleno barrio do Inferniño, que ben merecía o apelativo de Little Hell a tenor das temperaturas infernais a pleno mediodía. Avanzamos así cara ao final da campaña, con marcadísimas distancias sociais e as mascarillas reconvertidas no novísimo complemento de moda. A humanidade é así. E tampouco está mal aportar certa frivolidade entre tanta inquedanza.

09 jul 2020 / 22:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.