Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
David Bruzos, candidato de Galicia en Común por Ourense

“Queremos ser como o Goberno e apoiar a pemes, autónomos e persoas, o que non fai Feijóo”

David Bruzos Higuero (Ourense, 1979) estudou Química na USC e exerce de docente desde os 24 anos, momento no que aprobou a oposición. En paralelo adicouse o activismo social e foi deputado en Cortes por En Marea entre decembro de 2015 e maio de 2016, na lexislatura máis curta da democracia.

Todas as olladas están postas na resaca do debate da CRTVG. Como víu ó presidente Feijóo e a Beatriz Pino (Cs) e Ricardo Morado (Vox).

Vin a Alberto Núñez Feijóo tremendamente nervioso. E unha persoa que non está habituado a que se lle dea réplica porque ten prácticamente controlados os medios, como denuncian as traballadoras da CRTVG. Nunha situación de tensión, onde sabe que a súa xestión foi poñerse de perfil, botarlle as culpas ó resto sin aplicar as competencias que tiña, sabe que eso se lle ía caer enriba no propio debate. Respecto a Cs e Vox estiveron un pouco no seu papel, que en caso de que obteñan representación, xa sabemos que van ser a pata quelle falta a Feijóo. Agardemos, polo tanto, que haxa unha maioría progresista coa que dea igual o que fagan o PPdeG, Ciudadanos e Vox.

Cree que os galegos entenderon vistas as intervención de Antón Gómez-Reino (Galicia en Común), Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG) que hai unha alternativa engraxada progresista para tomar o relevo a Feijóo?

Antón Gómez-Reino foi claramente o gañador da noite, sobre todo trasladando que vai ser unha realidade o día 12. Con independencia de como o fixo a nivel persoal, que é importante, creo que é máis importante o que puxo enriba da mesa: que é posible unha coalición do PSdeG, Bloque e Galicia en Común e que esa coalición e real e vai ser moi beneficiosa para os intereses de Galicia porque sería unha extensión da que se está vivindo no Goberno do Estado na que se está priorizando antes de nada os intereses da maioría social e das persoas que o necesitan e é necesario tamén esa situación en Galicia e o luns quedou patente.

Antón Gómez-Reino foi moi explícito na defensa da coalición con independencia do papel que cada forza xogue nela, pero Ana Pontón non entrou nese debate e puxo o foco en postularse como a primeira muller e nacionalista que aspira a presidir a Xunta.

Estamos en campaña electoral entendo que as outras forzas teñen que aspirar a ter o maior número de votos posibles. Nós tamén. Pero, nós temos unha prioridade absoluta que é a de derrotar a Feijóo e as súas políticas na Xunta de Galicia, como esa é a nosa prioridade foi o que trasladamos de forma permanente. Nós dixemos que íamos conformar un goberno de coas forzas progresistas e, por suposto, que igual que as outras dúas forzas progresista como poden ser o BNG ou o PSOE, queremos mostrar cales son as nosas fortalezas e que a xente nos coñeza e, polo tanto, nos dea o máximo apoio posible. Pero, por enriba de todo e de como sexa a proporción de votos e o reparto de deputadas e deputados, para nós o fundamental é sacar a Alberto Núñez Feijóo da presidencia da Xunta.

Moitos análisis interpretan que Ana Pontón diferenciou nitidamente o Bloque dentro do conxunto das forzas progresistas.

A min o que me tería gustado sería outra cousa, e dicir, que todas as forzas fixeran claramente un esforzo por poñer enriba da mesa unha proposta política seria, cohesionada, e ademais que explicaran que sabemos como levar adiante este país. Pero, tamén entendo, como decía antes, que estamos en campaña electoral e que o que quere cada organización e cada candidata e candidato é sacar o mellor resultado para o seu espazo. E entendo que é lexítimo. Eso non quita, e non me cabe ningunha dúbida, de que o día 12 cando teñamos os resultados electorais vai haber un acordo.

Esta campaña e atípica na forma en que se relacionan os candidatos cos galegos. Pagarase nas urnas con unha alta abstención como pasou o fin de semana en Francia?

E certo que os datos de Francia non auguran aquí nada positivo, pero eu quero confiar en que a xente mira para este momento histórico como o que é: estamos nun momento crucial para o noso país, seguramente máis que para outros estados como pode ser Francia. Penso que a xente é consciente de que nos estamos xogando literalmente o futuro e a pesar das medidas de seguridade que hai que manter a da situación que vivimos a xente vai a sair a votar.

A quen cree que pode perxudicar máis unha alta abstención?

Non son analista político, pero teño a sensación, sin ningunha certeza nin seguridade, de que ás esquerdas historicamente se nos penaliza na abstención. Cando a xente sae a votar masivamente e que está ilusionada con un proceso de cambio. Cando a xente está máis cansa vai menos a votar, e estou falando das esquerdas. Sabemos en concreto en Ourense, na miña provincia, pero en Galicia, en xeral, que os votos da dereita son moi fieles. Por eso nós animamos ás galegas e galegos que vain a votar o día 12 de xullo.

Os líderes nacionais do PSOE e do PP está con presencia constante en Galicia. Pedro Sánchez veu unha vez e Pablo Casado dúas. Van deixarse notar con forza os referentes do Goberno de Podemos e de Esquerda Unida , como Pablo Iglesias ou Yolanda Díaz, aquí durante o que resta de campaña?

E moi necesario que os referentes do noso espazo político, chámense Pablo Iglesias, Yolanda Díaz, Alberto Garzón ou incluso Xosé Manuel Beiras ou Antón Sánchez son persoas que teñen unha traxectoria política que hai que poñer enriba da mesa. Non son eu o que levo ese asunto, pero entendo que van vir, aínda que teñen axendas complicadas en moitos casos por formar parte do Goberno e son moi responsables do seu traballo.

O día 12 de xullo ou hai un volco ou Alberto Núñez Feijóo seguirá gobernando. Por que cree que os votantes deben animarse a coller a papeleta de Galicia en Común?

Hai dous aspectos fundamentais, o primeiro, e que levamos once anos de Goberno de Feijóo e, pese o que dixo no debate, absolutamente todos os indicadores económicos nos dan indicios de que a situación galega e dramática. Emprego, economía, envellecemento da poboación, crise demográfica, abondono do rural... hai un montón que indican o mesmo. Se levamos once anos de Goberno e os indicadores son estos o que hai que facer e cambiar as políticas. En segundo lugar, en Galicia non houbo, como está sucedendo no Estado, un Goberno valente para apoiar as persoas, autónomos, pemes. Esas medidas, como as que está tomando o Ministerio de Yolanda Díaz, necesitan unha prolongación na Xunta. Na media en que se prolonguen van chegar de maneira máis eficaz. Na medida en que haxa un bloqueo por parte da Xunta non van poder implementarse en toda a súa amplitude.

30 jun 2020 / 23:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito