Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Remata o xoves o prazo para pedir o voto por correo

12-X, Este xoves, 2 de xullo, remata o prazo para que os residentes en España soliciten o voto por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo. As persoas que queiran solicitar o voto por correo poden facelo persoalmente nas oficinas de Correos. Ademais, habilitouse tamén a posibilidade de solicitalo vía telemática, a través da web de Correos, e mediante o uso dun certificado electrónico.

Logo de solicitalo, as delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral enviarán aos electores, entre o 22 de xuño e o 5 de xullo, a documentación necesaria para poder votar, que inclúe as papeletas e sobres de votación, o certificado de inscrición no censo, un sobre coa dirección da mesa na que lle correspondería votar e unha folla explicativa. Para depositar o voto, o elector poderá facelo por dúas vías: personalmente nas oficinas de Correos ou ben no momento no que recibe a documentación no domicilio, entregando directamente o sobre dirixido á mesa electoral ao persoal de Correos. Cómpre recordar que este sobre non necesita franqueo, polo que o procedemento é gratuíto. O límite para depositar o voto é o 10 de xullo ás 14h. ecg

30 jun 2020 / 01:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito