Especial 25N

“Que non te cale o machismo”: a campaña polo 25N en Monforte

Lectura do manifesto seguido dunha performance

A Torre da Homenaxe lucirá de cor malva

O alcalde de Monforte fai un chamamento á participación de toda a cidadanía   | //  CEDIDA

O alcalde de Monforte fai un chamamento á participación de toda a cidadanía | // CEDIDA / B. C. [santIaGO]

B. C. [Santiago]

O Concello de Monforte únese ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres e convida a cidadanía a unirse á campaña: “Que non te cale o machismo”. Arredor deste lema, Monforte desenvolve todo un programa para conmemorar o 25N.

Desde a colocación de pancartas no edificio do Concello e Centro Cívico ata un vinilo especial no Bus Urbano, a cidade loce mensaxes poderosas. Este sábado 25 de novembro, a concentración na rúa Cardeal contará coa lectura do manifiesto por parte da concelleira de Muller e Igualdade, seguida da performance En Pé, de Laura Naveira. O evento culminará coa distribución de paraugas conmemorativos e a iluminación en malva da Torre da Homenaxe pola noite.

Outras actividades

Os talleres nas escolas abordarán a prevención da violencia sexual e as violencias machistas na contorna dixital. Ademais, ofreceranse actividades como un curso de autodefensa para mulleres, un taller de prevención do acoso na rúa e a obra de teatro musical A fada que non sabía ser fada, de Trémola Teatro.

Destaca a Mesa de Coordinación profesional contra a violencia de xénero, cunha xornada formativa en liña sobre “Cultura, masculinidade e violencia de xénero” a cargo de Miguel Llorente Acosta, exdelegado do Goberno para a violencia de xénero.

A campaña, que se estenderá do 17 ao 30 de novembro, inclúe actividades diversas como o Obradoiro de Prevención da Violencia Sexual “Con(Sentido)” e o Obradoiro de Prevención das Violencias Machistas na Contorna Dixital #Patriarcado Baneado.

O alcalde fai un chamamento a toda a sociedade de Monforte a participar nestes eventos e a unirse toda a cidadanía a unha contra a violencia machista.