O BNG lanza un vídeo de Nadal no que avanza unha Galiza mellor con Ana Pontón como presidenta
Rodado en Santiago, conta coa participación das actrices Loaira Sánchez, Rubén Prieto e Beatriz Campos

O BNG lanza un vídeo de Nadal no que avanza unha Galiza mellor con Ana Pontón como presidenta / Cedida
O BNG vén de difundir un vídeo de Nadal a través das súas redes sociais no que anticipa unha Galiza mellor con Ana Pontón como presidenta, liderando o goberno saído das urnas tras a celebración das eleccións galegas o 18 de febreiro.
O vídeo arranca no Nadal de 2023 cunha parella conversando sobre o proceso electoral que se aveciña, debaténdose entre o escepticismo e as posibilidades de abrir un tempo novo apostando polo cambio. A narración proxéctase ao futuro, ao Nadal de 2024, nunha Galiza que xa nota a transformación en positivo das medidas adoptadas polo novo goberno galego con Ana Pontón como presidenta.
Cambios en positivo que se traducen na vivenda, na sanidade, no coidado das persoas maiores ou nas posibilidades da xente moza para volver á comunidade galega. O vídeo remata cunha breve aparición da propia líder do BNG e candidata á Presidencia convidando a confiar e a mirar o futuro con optimismo.
Rodado en Santiago, conta coa participación das actrices Loaira Sánchez, Rubén Prieto e Beatriz Campos.
- Galicia, bajo la lluvia en el Puente de Difuntos: estos serán los días más pasados por agua
- El Bono Activa Comercio de la Xunta vuelve esta semana
- Tras los pasos de Ribadavia: este pueblo gallego compite por las luces navideñas de Ferrero Rocher
- Prime Video vuelve a elegir Galicia como plató de uno de sus últimos éxitos: arranca el rodaje de la segunda temporada
- Las dos Galicias: temporal en el Atlántico y 25 grados con incendio forestal en A Mariña
- Luis Zahera y Tamar Novas ya trabajan en un nuevo proyecto para Netflix, una especie de ‘La casa de papel’ con sello gallego
- El primer temporal del otoño deja un reguero de incidencias y vientos de 155 km/h
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
