Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A creación de empresas afúndese un 68% en maio en Galicia

En calquera caso, rexistrou un lixeiro repunte respecto ao mes de abril

Galicia rexistrou 109 empresas creadas en maio, o que supón un 68% menos que as 338 do mesmo mes de 2019, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE).

A pesar da acusado caída interanual, hai un lixeiro repunte en maio de 13 empresas máis constituídas respecto de abril, nun contexto de impacto polo coronavirus.

O capital achegado por estas sociedades foi de 11 millóns de euros, o que representa un 51% menos de forma interanual. O capital medio subscrito por cada sociedade foi de algo máis de 100.000 euros.

Por provincias, das 109 empresas a maior parte creáronse na Coruña (54), seguida de Pontevedra (32), Lugo (18) e Ourense (5). Case todas foron SL (105), menos unha SA e tres doutro tipo.

Por sectores, o 24% pertencen á rama do comercio. As seguintes son as actividades profesionais (13,8%), industria e enerxía (11,9%) e actividades inmobiliarias e financeiras (10%).

A presenza masculina dos socios segue sendo maioritaria (71%) fronte ás mulleres (29%). Mentres, o 70,6% foron creadas por un único socio e o 26% por dous.

DISOLUCIÓNS E AMPLIACIÓNS

En maio, disolvéronse 27 mercantís en Galicia, que se traduce nunha forte caída respecto das 104 dun ano antes. En comparativa co mes anterior só foi unha menos.

Pola súa banda, 57 sociedades ampliaron capital por 20,3 millóns, o que supón a metade de empresas que un ano antes.

Ademais, 19 empresas reduciron o seu capital social en maio, mentres este mes non rexistrou ningún proceso de fusión e houbo dúas escisións.

Finalmente, o mes de maio pechouse cunha sociedade afectada por concurso de acredores, é dicir, 28 menos que un ano antes. SANTIAGO. EUROPA PRESS

03 jun 2020 / 11:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.