Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Deputación coruñesa deu 25 M este ano aos pequenos empresarios

Nunha xunta ‘online’, Formoso destacou que o escudo social do Estado contivo o dano do virus

A Deputación da Coruña destinou no último ano un total de 25 millóns de euros (arredor dun 15% do seu orzamento anual) aos plans REACTIVA de axudas directas vinculadas a aqueles autónomos e ás microempresas dos sectores máis afectados pola pandemia, coma poden ser a hostalaría, o pequeño comercio, a cultura e o turismo.

Así, desde o Goberno provincial incrementaron tamén nun 137% os fondos destinados aos programas de protección social nos concellos “para non deixar a ninguén atrás na saída da crise”, como dixo o presidente do ente provincial herculino, Valentín González Formoso, que este xoves inaugurou xunto ao reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, a 28º edición do Encuentro de Economía Pública, que este ano acolle a cidade herculina e que reúne a prestixiosos profesionais da economía a nivel nacional e internacional. Debido ao coronavirus, o simposio tivo lugar en formato online.

Dito Congreso, que centrará boa parte do seu contido en avaliar o alcance e a eficiencia das políticas que no eido económico e social se levan a cabo en distintos puntos do planeta durante a crise do coronavirus, é “un exercicio fundamental, non só como parte imprescidible do proceso estratéxico que en calquera ámbito debe comezar sempre marcando uns obxectivos e finalizar cunha avaliación dos resultados, senón tamén porque estes resultados inciden de forma directa na vida das persoas”, afirmou González.

Formoso tamén lembrou que a COVID fixo que o PIB español rexistrara unha caída histórica do 11% en 2020 e que, segundo os datos da OIT, se reduciran nun 13,2% o número de horas traballadas no noso país, un impacto equivalente á destrución de máis de dous millóns de empregos.

Por iso, “facer fronte a unha situación así sen políticas públicas adecuadas sería inviable”, sinalou González Formoso, que destacou que o Escudo Social despregado polo Goberno “foi un dique de contención” fronte aos “efectos máis duros da crise para moitas empresas e moitas familias”. Así mesmo, puxo en valor “o excepcional esforzo realizado polos concellos” para dar resposta ás novas necesidades” da pandemia.

Ademáis, lamentou tamén a falta de unidade política ante a COVID, destacando que “a confrontación política permanente foi a tónica xeral, incluso para cuestión tan necesarias como a declaración do Estado de Alarma cando o sistema sanitario corría risco de colapso”, sentenciou.

A conferencia de inauguración correu a cargo do profesor Cathal O´Donogue, desde a Universidade Nacional de Irlanda, coa ponencia “Novel welfare state responses intimes of crises: COVID-19 Crisis vs the Great Recession” .

O Congreso será pechado este venres por Ignacio Moral del Arce, do Instituto de Estudios Fiscales, que falará sobre a avaliación das políticas públicas: utilizar a evidencia na toma de decisións públicas.

28 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.