Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Deputación insiste en facer de Meirás un espazo referente para a memoria

manifesto. Máis de 1.600 persoas teñen asinado xa o manifesto que, baixo o título ‘Por un pazo de Meirás dedicado á memoria’, recibiu tamén onte o apoio expreso da Xunta de Portavoces da Deputación da Coruña, encargada agora de remitilo á comisión técnica integrada polas distintas institucións xunto con especialistas no tema. Cun punto de partida feminista, o manifesto reclama que o pazo situado se converta nun “centro dedicado á memoria antifranquista”. Promovido por Montse Fajardo, Mª Xosé Bravo e Marta Dacosta, reclama ademais que a loita feminista non sexa “utilizada de maneira interesada” para impedir o uso do pazo como espazo referente da memoria. “É o momento de mudar o seu significado e convertelo no símbolo da restitución da memoria das vítimas e da loita emprendida pola sociedade civil para acabar coa impunidade”, sinala o texto que fai referencia especial ás mulleres que padeceron a represión, “como as propias labregas de Meirás en 1933” que foron “desposuídas das súas terras para maior gloria da familia Franco”. “Rexeitamos que, baixo a aparencia de o dedicar a outra loita tan necesaria como é a do feminismo, se impida, outra vez, facer xustiza coas persoas represaliadas”, sinala o manifesto.

29 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.