Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A economía galega sufriu unha contracción no pasado mes de novembro

Creceu nun 3,4 % en termos interanuais, o que supón un descenso de sete décimas respecto ao mes anterior // O PIB aumentou sobre un 5,5 % no 2021

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de novembro un incremento interanual do +3,4%. Este crecemento supón unha redución no ritmo de recuperación da actividade económica na nosa Comunidade de sete décimas respecto a outubro.

Os datos dos primeiros meses do cuarto trimestre reforzan a tendencia globalmente positiva da actividade económica galega no verán. En todo caso, o dato de novembro amosa xa os atrancos motivados pola falla de subministros e a alza dos prezos nas materias primas. A falta dun só mes para ter a información do conxunto do ano 2021, pódese anticipar un crecemento do PIB de Galicia ao redor do 5,5% no conxunto do ano.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador amosa, persiste o comportamento extraordinario das variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 100%. En sentido contrario, o Índice de produción industrial (IPRI) sufre un retroceso salientable de máis dun 25% en termos interanuais.

28 ene 2022 / 11:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.