Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A saúde mental, no ollo do furacán

As prazas PIR convocadas para este ano non chegaron nin a 200 para toda España

O sábado 27 de marzo celebrouse o exame de PIR (Psicólogo Interno Residente). O seu obxectivo é poder acceder á formación sanitaria especializada en sicoloxía. É dicir, ao aprobar, o candidato pasaría a recibir unha formación dun período de 4 anos en hospitais públicos. Desta maneira, ao pasar este período obtería o título de psicólogo especialista en psicoloxía clínica, pasando a estar capacitado para traballar nun dos múltiples centros sanitarios públicos do Estado.

A saúde mental salta a primeiro plano co confinamento nacional, o cal produce efectos tanto físicos como psicolóxicos en gran parte da poboación. Ao aumentar a demanda de servizos de saúde mental, saíu a debate a case inexistencia de servizos públicos psicolóxicos para a poboación. Por exemplo, nesta última convocatoria de prazas, 198 foron para os PIR (Psicólogo Interno Residente) en contraposición coas 7.989 que foron convocadas para os MIR (Médico Interno Residente). Ademais, se un cidadán quere acudir ao psicólogo polo servizo público de saúde terá que agardar bastante tempo ou, se non quere esperar tanto, ir a unha consulta privada cuxo prezo oscila entre 50€ e 100€ por sesión, aproximadamente.

Para tratar esta situación en profundidade, falamos con Víctor Manuel Torrado Oubiña, psicólogo clínico do Hospital de A Coruña e vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e con Nerea Rodríguez, graduada en Psicoloxía pola USC e candidata no exame de PIR do pasado sábado 27 de marzo.

-Cal é a túa valoración da atención á saúde mental en España?

Nerea Rodríguez. Considero que en nuestro país la apuesta por la salud mental dentro de la sanidad publica es pésima en comparación con otros países de la UE, y como consecuencia de ello las listas de espera en hospitales se demoran demasiados meses, lo cual al mismo tiempo supone una saturación de pacientes para los propios psicólogos y una mayor congestión de otros servicios sanitarios especializados.

Víctor Manuel. A atención á saúde mental en España reflicte un desenvolvemento inferior á media dos países europeos. Aínda así, existen diferenzas significativas entre CCAA porque as competencias sanitarias están transferidas. A saúde mental, con toda seguridade e con diferenza, é o talón de Aquiles de todo o Servizo Nacional de Saúde.

-Como cres que se atopa a situación laboral dos psicólogos e psicólogas en España?

Nerea Rodríguez. Desde la perspectiva de un psicólogo clínico de la sanidad pública, la única vía de acceso es mediante la realización del examen PIR, lo que permite cuatro años de especialización. Para poder acceder a un puesto de trabajo fijo en sanidad pública se requiere, posteriormente, la realización de una oposición (OPE) en la que los puestos de trabajo ofertados son escasos y por lo tanto insuficientes para satisfacer la cantidad de demanda existente.

Víctor Manuel. Unha parte moi minoritaria dos psicólogos en España ostenta o título de psicólogo especialista. A maior parte dos psicólogos colexiados exerce no ámbito privado. Segundo datos de ANPIR (Asociación Nacional de Psicólogos Clínicos e Residentes) só un 30% dos psicólogos clínicos que exercen en España traballan na sanidade pública.

-Como cres que afectou a pandemia á saúde mental e á situación dos psicólogos e psicólogas?

Nerea Rodríguez. El confinamiento ha afectado a todo el mundo, de una manera u otra, y sobre todo a las personas que han pasado tanto tiempo solas en sus viviendas sin ningún contacto interpersonal, sumado a esa exposición continua de información relacionada con la Covid-19 por parte de los medios de comunicación. A nivel psicológico, destacan síntomas relacionados con la ansiedad debido a la gran fuente de estrés asociado a la incertidumbre a la que hemos y estamos siendo sometidos, así como síntomas depresivos, irritabilidad, apatía, nerviosismo, insomnio...

Víctor Manuel. En principio, supuxo unha ameaza de varios factores (a morrer, a contaxiar a outros, a perder o traballo) que xera incerteza e medo. Inmediatamente, para determinados grupos máis expostos, estrés intenso e alta posibilidade de trauma (sanitarios en primeira liña, enfermos graves que requiren hospitalización, familiares de falecidos). O confinamento estrito supuxo unha perda de reforzadores importante, coas consecuencias asociadas xa que os reforzadores e as actividades gratificantes teñen poder antidepresivo.

-Cres que esta situación serviu para mellorar e valorar máis a saúde mental e os seus coidados?

Nerea Rodríguez. Sinceramente creo que sí, sobre todo para darnos cuenta de que nuestra salud mental es más importante de lo que pensamos y si no la cuidamos, a largo plazo nos pasará factura, tanto a nivel psicológico como a nivel físico.

Víctor Manuel. Desde logo que serviu para falar máis de saúde mental, sen dúbida. Para mellorala, fai falla inversión pública e unha revisión profunda do sistema de atención coa participación de profesionais e usuarios. A pandemia por si soa non xera eses milagres.

-Consideras suficientes as prazas convocadas para o exame de PIR este ano?

Nerea Rodríguez. Para nada las considero suficientes, es más, todo lo contrario; en la convocatoria de este año han salido 198 plazas para un total de más de 4000 personas que se presentan al examen. Como actual opositora PIR reivindico la necesidad de más plazas PIR para que todo el mundo que lo necesite se pueda permitir una atención psicológica gratuita y de calidad.

Víctor Manuel. O número de prazas, con respecto ao ano anterior, ascendeu un paupérrimo 5%, pasando de 189 a 198 convocadas. Resulta de interese sinalar que Galicia oferta a metade das prazas acreditadas, a proporción máis baixa de todo o Estado.

29 mar 2021 / 09:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.