Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A seguridade dos peóns mellora en Arteixo tras investir nela 3,2 millóns

arteixo. A Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo colaboran na mellora da seguridade vial e peonil en diversos núcleos do municipio. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e o deputado provincial José Ramón Rioboo coincidiron este xoves en destacar que a cooperación entre as administracións contribúe á mellora de numerosas infraestruturas e servizos que melloran a calidade de vida da veciñanza do municipio.

Entre elas destaca a mellora da seguridade peonil, xa que os fondos de Vías e Obras, do Plan Único e do convenio para o polígono de Sabón destinan máis de 3,2 millóns de euros para a construción de nove sendas e beirarrúas que mellorarán a seguridade dos viandantes en diversos núcleos arteixáns.

Tras ser recibido na Casa do Concello polo alcalde e os portavoces dos grupos políticos representados na corporación municipal, González Formoso, Calvelo e Rioboo visitaron as obras da senda peonil que se está executando na marxe da estrada provincial DP 0507, en Armentón. Un investimento de 381.000 euros que permitirá conectar cun itinerario peonil seguro os núcleos de Rorís, A Crucella e Anzobre, no que se sitúan numerosas vivendas. ecg

28 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.