Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A USC acolle os Premios Real Sociedade de Química

Santiago. “Dende que en 1922 se creara a Facultade de Ciencias coa súa sección de Química, os estudos neste eido lograron consolidarse”, explicou o reitor Antonio López en relación ao centenario dos estudos de Química que este ano está a conmemorar a USC. O reitor quixo subliñar este aniversario na presentación dos premios que outorga a Real Sociedade Española de Química (RSEQ) e que este ano se desenvolveron na Facultade de Química da USC. Xunto ao reitor, interviñeron no acto o decano do centro, Jesús Sanmartín; Antonio M. Echavarren, presidente da RSEQ; e José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia. A entrega de galardóns comezou co recoñecemento aos socios con 45 anos de servizos á RSEQ. Nesta categoría premiouse a Manuel Rivas Moreno, Antonio Gil Serrano, Agustín García Asuero, Alfonso Castañeiras Campos e Vicente Fernández Herrero. A continuación, procedeuse á entrega das distincións aos Chemistry Europe Fellows Class of 2020-2021. Fernando P. Cossío, da Universidade do País Vasco; e Pau Ballester do ICIQ foron as persoas que recibiron o galardón nesta categoría.

O premio a tarefas educativas e divulgativas de ensinanza preuniversitaria, pola súa banda, recaeu en Luis Moreno Martínez, profesor de ensinanza secundaria, especialidade de Física e Química, do Colexio Público Vicente Aleixandre de Madrid. Francisco Lloret Pastor da Universidade de Valencia e José Luis Serrano Ostáriz da Universidad de Zaragoza foron premiados no recoñecemento a carreiras investigadoras distinguidas.

Finalmente, os premios da RSEQ á Excelencia Investigadora foron parar a Aitziber López Cortajarena do CIC biomaGUNE, Carlos Martí Gastaldo do ICMol-Universidade de Valencia, Iván Mora Seró da Universidade Jaime I, e Samuel Sánchez Ordóñez do IBEC. Finalmente, a medalla da RSEQ distinguiu a Francesc Illas Riera da Universidade de Barcelona. Ademais, ‘O laboratorio con vistas moleculares’, a cargo de Víctor García Pidal, director xeral de Bruker Española, serviu de colofón ao acto. E.N.

19 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.