Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta aproba hoxe o incremento das axudas para a compra de material escolar, ata 75 euros

Santiago. O Consello da Xunta aprobará hoxe un incremento do 50% nas axudas á compra de material escolar, de xeito que o importe total dos vales dirixidos ás familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€, acadará os 75€. Desta medida, da que se beneficiarán máis de 90.000 alumnos, informou onte o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, no Parlamento de Galicia. O titular de Educación explicou que en Galicia ademais de dotar de libro dixital a alumnos de 5º de Primaria a 4º de ESO, hai varios tipos de axudas baseadas en criterios de renda, en concreto o fondo de libros gratuítos, as axudas económicas para compra de manuais e o devandito cheque para material escolar.“Con este sistema redistributivo e organizado a partir das rendas das familias chegamos ao 75% do alumnado”, destacou.

Rodríguez salientou, asemade, que este programa se enmarca nas distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias, de 107 millóns de euros, e que chegan tamén a outros ámbitos como os comedores ou as taxas universitarias. E.N.

28 sep 2022 / 21:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito