Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta estende a prealerta por escaseza de auga ata a bacía situada no Río Anllóns

O goberno está buscando posibles solucións como os trasvases// A ocupación dos encoros de Galicia-Costa é un 11% inferior ao 2021

Continúa o avance das prealertas por sequía. Nesta ocasión, a Xunta de Galicia ampliou o alcance desta medida ata a bacía do río Anllóns, despois de que a activase na conca do Lérez no mes de xullo. Asemade, intensificou o seguimento nos encoros de Baiona e Zamáns.

Esta decisión chegou despois da xuntanza que mantiveron A Oficina Técnica da Seca, con Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural. Neste encontro, presidido pola directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, acordaron manter a declaración de seca prolongada na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

Asemade, analizouse a evolución da situación hidrolóxica e meteorolóxica das distintas concas da Demarcación, confirmándose a continuidade da anomalía hidrolóxica que se vén advertindo dende principios de ano.

Situación no Lérez e no Anllóns. Outro dos puntos que trataron na reunión, foi a proposta da activación da prealerta por escaseza na zona correspondente ao sistema de explotación do río Anllóns e á costa da Coruña ata o límite con Arteixo. Esta medida vén motivada polos datos da estación de aforo do río Anllóns, que manifestan un drástico descendo dos caudais no último mes, e polas previsións de falta de chuvias a curto-medio prazo.

Con esta decisión, únese ao grupo conformado polo Río Lérez, onde leva en prealerta por sequía dende o pasado mes de xullo logo dun drástico descenso dos caudais nas primeiras semanas do mes de xullo. Con todo, esta bacía tende a manterse estable dende a segunda quincena do mes, pero aínda así segue a rexistrar un caudal circulante baixo. Neste caso, a Xunta e os concellos deste sistema de abastecemento acordaron reducir o consumo de auga e afrontar o episodio con información, coordinación e responsabilidade.

Para aumentar a cantidade de agua da bacía do Lérez, o Goberno galego está a traballar no estudo de solucións alternativas. Deste modo, tomaron mostras de auga con drons as características da auga do oco mineiro de Ventoxo, en Forcarei, para confirmar se cumpre os requisitos de calidade para facer estas achegas.

No caso de que as analíticas sexan favorables, Augas de Galicia procederá a facer unha obra de emerxencia para transvasar a auga desde o oco mineiro cara ao rego Ventoxo, afluente do Lérez, para achegar caudal a este río.

As causas da escaseza. A metereoloxía foi unha das principales causas para provocar este descenso nos caudais dos encoros de Galicia-Costa. Xa que nos meses de verán, Galicia apenas rexistrou precipitacións, e as previsións non cambian moito para agosto.

En canto aos caudais circulantes, éstes rexistraron, no mes de xullo, valores inferiores aos habituais para esta época do ano, un 34,4% por debaixo, da media dos últimos dez anos. Apréciase un empeoramento con respecto a mediados de xullo, onde os caudais estaban un 20% por debaixo da media histórica.

No que se refire á ocupación actual dos encoros de abastecemento da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa era a 1 de agosto do 82,81%, un 11% inferior á ocupación do mesmo período para o 2021. En xeral, os encoros rexistran valores de ocupación inferiores aos niveis medios para esta época.

05 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito