Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta inxecta 3,5 millóns de euros para blindar o transporte público fronte á subida do prezo dos carburantes

A conselleira de Infraestruturas critica a inacción do Goberno estatal respecto ao paro do transporte

A Xunta realizará inxectará "de forma extraordinaria" máis de 3,5 millóns de euros para blindar o transporte público por estrada en Galicia "fronte á subida exponencial do prezo dos carburantes". Anunciouno a conselleira de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, este domingo nunha entrevista na Radio Galega, onde asegurou que a Xunta "non está de brazos cruzados" e que, "alí onde ten marxe legal para actuar, como no caso do transporte público interurbano de viaxeiros, de responsabilidade autonómica, actúa". Ethel Vázquez explicou que o Goberno galego adopta esta medidapara garantir a prestación do servizo público esencial de transporte público aos usuarios e para "dar certezas a un sector que emprega a miles de traballadores". "O transporte público é a chave que garante a miles de persoas cada día o acceso á sanidade e a educación públicas, así como aos seus centros de traballo, cunha especial incidencia no mundo rural e, por tanto, a Xunta ten que adoptar medidas para evitar que ese servizo esencial á cidadanía póñase en risco", remarcou a responsable autonómica.

A conselleira lembrou ademais que o sector do transporte público de viaxeiros por estrada é un sector "dobremente golpeado", xa que aínda arrastra as consecuencias da pandemia, ao non recuperar a cifra de usuarios previas á crise da covid-19. Detallou ademais que as 127 concesións de transporte público interurbano, de responsabilidade autonómica, foron contratadas nunhas condicións de prezo do combustible de 1,2 ?/litro, unha cantidade, dixo, "que a día de hoxe apenas é suficiente para cubrir o 65% do gasto que teñen neste concepto". "Isto implica que esas concesións de transporte público rexistranun déficit do 35% a consecuencia da escalada de prezos do combustible", indicou.

PARO DO TRANSPORTE. A conselleira tamén abordou o paro do transporte de mercadorías, respecto do que criticou a inacción do Goberno de España e a falta de adopción de medidas inmediatas e urxentes que "ofrezan unha solución á situación iniciada o pasado día 14”. Insistiu na necesidade de que o Executivo central actúe para paliar a situación de "asfixia" que sofre o transporte de mercadorías; "un sector esencial e estrutural, como xa demostrou durante a pandemia".

"O Goberno de España non pode permanecer impasible, deixar que pasen os días e anunciar medidas para dentro de varias semanas mentres o país colapsa", reivindicou Vázquez, que instou ao Executivo a sentar a negociar coa plataforma convocante doparo para buscar "unha saída dialogada a un problema que está a afectar á canle de distribución da sanidade pública, a todos os sectores produtivos, especialmente en xaque ao sector primario, ao benestar animal e xerando problemas de saúde pública, ambientais e de desabastecemento de produtos básicos para a poboación". Reiterou, neste sentido, a demanda ao Goberno de España para que estableza corredores seguros para garantir a distribución de produtos esenciais.

20 mar 2022 / 12:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.