Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta prevé chegar a 10.000 persoas maiores co servizo de teleasistencia

Santiago. A Xunta de Galicia vén de presentar a nova imaxe do servizo de teleasistencia, que permite achegar atención aos domicilios das persoas maiores que viven soas. No acto, que tivo lugar o día de onte, a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, explicou que se prevé que este servizo chegue a preto de 10.000 usuarios antes de fin de ano. O Goberno galego ampliou a flota de vehículos que achegan este servizo aos fogares das persoas maiores e renovou a súa imaxe para facelo máis recoñecible por parte dos usuarios.

García destacou que o servizo de teleasistencia atende nestes momentos a 7.000 persoas e supón un recurso fundamental para garantir a seguridade e a autonomía das persoas maiores que non residen acompañadas. Neste sentido, lembrou que este servizo permite que poidan recibir axuda con tan só pulsar un botón.

Durante o acto, deuse a coñecer a nova imaxe tanto das unidades móbiles que achegan este programa aos fogares das persoas maiores coma os sinais de identidade do servizo, coma son os chalecos. A conselleira apuntou que o obxectivo é que as persoas maiores gañen en autonomía e os seus familiares poidan ter a tranquilidade de que seguirán estando ben atendidos.E.N.

03 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito