Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta solicita ampliar os prazos para evitar a caducidade dos permisos dos proxectos eólicos

Santiago. O Goberno autonómico vén de solicitar ao Executivo central a ampliación dos prazos de tramitación recollidos no Real Decreto Lei 23/2020 para desbloquear os proxectos eólicos pendentes e evitar a caducidade dos permisos de acceso e conexión á rede. Ante unha pregunta no Pleno do Parlamento, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, apuntou que, desde que o Goberno aprobou en xuño de 2020 o decreto de medidas en materia de enerxía, as solicitudes de eólicos en Galicia se multiplicaron por nove (acadando un total de 144 que suman 4100 MW), cuns prazos moi xustos para a súa tramitación. Neste senso, asgurou que a Xunta está a favor dun modelo eólico que conxugue todas as garantías ambientais, legais e técnicas de cordo á normativa autonómica, con medidas de axilidade administrativa para ofrecer seguridade e confianza aos promotores. Tamén no Pleno foi preguntado sobre a reidustrialización da Mariña luguesa, e empregando Alcoa como exemplo, Conde salientou que a industria electrointensiva precisa novas medidas para paliar un prezo da enerxía que, para este sector, se multiplicou por cinco desde 2020. A día de hoxe, abondou, a industria de gran consumo enerxético en España paga oito veces máis pola enerxía que en Francia, a pesar do mecanismo da excepcionalidade ibérica. Asemade, sinalou que as medidas adoptadas polo Goberno son insuficientes porque a axuda máxima para compensar os custos indirectos de CO2 non chega ao 100% que permite a UE, entre outras cuestións. Finalmente, lembrou que a Xunta concedeu á planta de San Cibrao unha axuda de case 1 millón de euros para mellorar a eficiencia enerxética, e promoveu a norma pola que se dará prioridade aos eólicos que destinen, cando menos, un 50% da enerxía á industria asentada na comunidade galega. E.N.

05 oct 2022 / 21:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.