Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta urxe ao Ministerio de Sanidade a mellorar a formación en medicina familiar e comunitaria

propostas. A Xunta de Galicia vén de remitir ao Ministerio de Sanidade 20 propostas para flexibilizar a acreditación de unidades docentes de medicina familiar e comunitaria e mellorar o seu programa formativo.

En relación aos criterios de acreditación das unidades docentes para a formación de especialistas en medicina familiar e comunitaria, a Xunta considera necesario a modificación do procedemento co obxecto de axilizalo e facilitar á incorporación de máis dispositivos á docencia.

Neste sento, formúlanse varias suxestións encamiñadas a flexibilizar a acreditación de unidades docentes, por exemplo desvinculando a designación dos titores para a acreditación do dispositivo de atención primaria, o que suporía independizar os procesos de acreditación de centros e de profesionais, ou deixando de esixir un tempo mínimo de funcionamento aos centros de saúde para seren acreditados, o que permitiría acreditar de inmediato os novos centros de saúde que entran en funcionamento.

No relacionado co programa formativo, a Xunta considera necesario incorporar dentro da área docente de competencias esenciais, formación sobre telemedicina e competencias dixitais en saúde, así como temas clínicos pouco considerados ata o de agora, pero que serán a chave da atención primaria do futuro, como a atención á cronicidade, o envellecemento saudable, o manexo da dor, o traballo en rede ou a xestión de consulta.

Tamén considérase necesario incrementar o tempo de formación que os residentes da especialidade de medicina familiar e comunitaria pasan nos dispositivos de atención primaria. Actualmente, o programa formativo recolle un número de meses case igual en centros de primaria e hospital, algo que a Xunta defende mudar para reforzar a súa presencia na atención primaria e favorecer así a organización docente. redacción.

19 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito