Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acordo entre Endesa e a chinesa Sentury Tire para instalar unha fábrica de neumáticos nas Pontes

AS Pontes. A compañía chinesa Sentury Tire poderá instalar unha gran base de producción de neumáticos nas Pontes, logo do acordo acadado onte con Endesa e no que tamén participaron a Xunta de Galicia, o Instituto de Transición Xusta e o Concello das Pontes. A Implantación da fábica requerirá 477 millóns de euros e suporá a creación de 750 postos de traballo. O acordo acádase logo de que o Ministerio de Transición Ecolóxica aunciase a resolución definitiva do peche da central das Pontes, con carácter inmediato para dous dos grupos e diferido para os outros dous. Coa súa sinatura, Endesa transmitirá 26 hectáreas do terreo necesario para a fábrica de neumáticos e compromete o suministro de enerxía de procedente de varios novos parques eólicos da zona, para os que xa ten solicitado na Xunta que se califiquen como proxectos excepcionais con tramitación prioritaria, de xeito que poida cumprir cos hitos legais establecidos.

Sobre Sentury Tire, trátase unha compañía cotizada en China que lidera a nivel mundial a produción de neumáticos para automóviles, camións e avións. A empresa conta con tres fábricas en China e Tailandia, que están á vangarda da industria mundal do neumático nos eidos da eutomatización, informatización e teccoloxía intelixente. De feito, o obxectivo é comvertir a base de producción das Pontes nunha fábrica intelixente. A produción anual esperada ascende aos doce millóns de neumáticos, co obxectivo de que boa parte deles acaben abastecendo ao mercado norteamericano, onde a compañía chinesa conta cunha rede comercial propia. Isto implicaría un gran aumento no tráfico portuario de Ferrol tanto pola exportación do produto como pola importación de materias primas, chegando a multiplicalo por tres. Segundo as estimacións, a construcción deste futuro complexo industrial podería chegar a levar uns 36 meses. E.N

23 sep 2022 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.