Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 agosto 2020
19:07
h

Acordo para mellorar a eficiencia enerxética

    aforro. Os conselleiros de Economía, Emprego e

    Industria, Francisco Conde, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas. O acordo conta cun orzamento de 1,5M€, dos que 1,2 serán financiados polo Inega, e permitirá ao Sergas aforrar ao redor de 100.000 euros anuais nos custos enerxéticos grazas

    ao desenvolvemento de 25 proxectos de biomasa e outros tres de aerotermia.

    Na área de Santiago, en concreto, substituíranse os sistemas actuais que utilizan gasóleo, propano e acumuladores eléctricos por caldeiras de biomasa nos centros de Bertamiráns, Boiro, Ordes e Val do Dubra. ECG

    01 ago 2020 / 22:35
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito