Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 07 agosto 2022
03:36
h

Actívase o novo programa de detección do talento precoz en matemáticas

Pueblo. “Adestrar futuros científicos/as, que ademais de coñecer métodos e técnicas, aprecien as matemáticas polo seu papel no desenvolvemento da ciencia en xeral e da cultura”. Así define a organización de Estalmat-Galicia o horizonte que persegue este programa para a detección e o estímulo do talento precoz en matemáticas. Dirixido a estudantes nacidos nos anos 2008, 2009 ou 2010, Estalmat-Galicia abre o seu prazo de inscrición ata o 30 de maio.

O proceso de selección atópase estruturado en dúas fases. Dunha banda, o sábado 4 de xuño, ás 10.00 horas, en cada nunha das cinco sedes de Estalmat-Galicia (IES Eduardo Blanco Amor en A Coruña, IES Eduardo Blanco Amor en Ourense, IES Castelao en Vigo, Facultade de Formación do Profesorado no Campus de Lugo e Facultade de Matemáticas da USC) e desenvolverase unha proba de aptitude. Esta parte consistirá na resolución de varios problemas.

Ademais, unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista individual cos nenos e nenas preseleccionadas na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está parte atópase encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.

Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2022-23 e 2023-24, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente, 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2024-25 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). r.m.a.

11 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito