Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Anpas Galegas denuncia que Educación non cobre as baixas de profesores en decembro

A súa queixa vai na mesma liña que a da CIG a semana pasada // A Xunta responde que non existe un problema neste sentido

A Confederación Anpas Galegas acaba de facer pública una queixa das familias dos centros educativos galegos debido a que a Consellería de Educación non está cubrindo as baixas por enfermidade dos docentes neste mes de decembro e, incluso, algunhas de antes.

Así, nun comunicado de prensa, Anpas Galegas explica que teñen moitas denuncias recibidas das súas ANPA asociadas, unha información tamén difundida por sindicatos do Ensino, referíndose a CIG Ensino que o pasado venres publicou unha nota de prensa denunciando esta mesma cuestión. CIG indicaba nela que a Consellaría “pretende que en pleno gromo da Covid o profesorado de primaria e infantil entre en aulas que nas que non ten docencia para substituír ás compañeiras e compañeiros enfermos, onde quedan as burbullas ou a seguridade mínima para evitar contaxios?”.

Aseguran desde as Anpas Galegas, así mesmo, que a páxina web onde figuran as vacantes de docentes de Galicia pódese ver claramente este feito, observando que desde principios do mes de decembro están as vacantes sen cubrir, e “mesmo hai algunha anterior a estas datas”, indican as Anpas. Explican que cando un docente está de baixa as súas horas pasan a o persoal do centro de garda, pero supón perda de docencia para os nenos porque a maioría das veces este non é da mesma especialidade e “en calquera caso non ten a opción de continuidade necesaria, porque as gardas son de hora en hora, non duran máis”. Este efecto negativo é maior canto máis se tarde en cubrir a baixa polo que “perder decembro, en todos os niveis do sistema educativo, é lamentábel sempre, e non hai xustificación que valla ; pero perder decembro neste ano de despropósitos é gravísimo”, reclama a confederación de pais e nais de alumnos de Galicia

Pola súa banda, a Consellería de Educación, consultada pro este diario, responde que este non é un problema na actualidade nos centros educativos galegos. “Durante toda a pandemia a Xunta vén cubrindo con gran axilidade as baixas, a veces incluso esgotando listas, destinando a isto unha importante partida orzamentaria”, indica o departamento autonómico. engadindo que “neste momento, a unha semana do remate do trimestre, non existe un problema neste sentido, dado que os positivos por covid concéntranse no alumnado menor de 12 anos, non no colectivo do profesorado”, remata Educación.

Anpas Galegas recorda tamén na súa nota as tres semanas menos de curso polo cambio de calendario xurdido de adiantar os examen de recuperación de Secundaria de setembro a xullo, avaliaciñons que agora o Ministerio decidiu eliminar; así como as dificaultades que seguen a existir para a ensinanza virtual cando os alumnos son corentenados por casos de covid na súa clase ou familia. E indica que o que nonvan consentir é “o que está facendo a consellaría: se unha docente está enferma, e ten que coller unha baixa, hai que substituíla inmediatamente, en calquera momento do ano, sexan cales sexan os días nos que ocorra. O que está facendo a Xunta é sinxelamente ir contra o dereito á educación das nosas fillas e fillos. Privar ao alumnado do profesorado que precisa, deixalo sen atención académica porque sae máis barato non contratar á xente necesaria, é unha indignidade. Que máis pode facer xa esa consellaría de despropósitos ?”, remata.

13 dic 2021 / 10:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.