Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Antonio Sola, o ‘creador de presidentes’, en Santiago

O experto en campañas pronuncia a conferencia “Humanítica, la política del siglo XXI” nun acto organizado por Campaña Permanente

Este xoves 24 de xuño, ás 12:00 horas na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a conferencia de Antonio Sola titulada Humanítica, la política del siglo XXI. Dita conferencia é organizada por Campaña Permanente, en colaboración coa Fundación Liderar con Sentido Común, da cal o poñente é presidente dende a súa fundación en 2019.

Antonio Sola (1972, Cataluña) é coñecido no mundo da consultoría política como o “creador de presidentes”, considérase un dos estrategas políticos máis destacados a nivel mundial, especialmente en Iberoamérica. Sola é o primeiro español condecorado co premio ‘The Abolition Institute’ polo seu compromiso férreo e traballo contra a escravitude en países como Mauritania, Haití ou Sudáfrica.

Sola participou ao longo da súa traxectoria profesional en máis de 500 campañas en máis de 30 países. É o único consultor do mundo en gañar dúas presidencias no mesmo ano, ocorreu en 2011 e 2016, en Haití e Guatemala e en Haití e España respectivamente. Algunhas das campañas máis relevantes das que dirixiu son a de Jose María Aznar no ano 1993, Mariano Rajoy no 2008 e 2016, Sergio Massa en Arxentina no ano 2015 ou López Obrador en México no 2018.

O tema principal do acto é a transformación dos liderazgos sociais e políticos, onde as ideoloxías pasan a un segundo plano, e os líderes políticos adquiren máis relevancia. Con esta palestra, Campaña Permanente pretende achegar o mundo da comunicación política ao público xeral. Dende a organización pretenden combater así os mitos que se xeran ao redor da comunicación política. A pesares das trabas que a este tipo de actos lle pon o contexto pandémico, os organizadores confían en que este primeiro evento terá unha boa acollida. Consideran esta unha gran oportunidade para aprender e coñecer os grandes referentes do sector da comunicación política, neste caso con Antonio Sola, a quen consideran “unha institución”.

23 jun 2021 / 14:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.