Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aposta de Sogama pola compostaxe doméstica

MEDIO AMBIENTE. No marco do seu programa de compostaxe doméstica, a Sociedade Galega do Medio Ambiente repartiu de forma gratuita 3.050 composteiros na provincia da Coruña; concretamente, en 77 entidades (34 concellos, 34 centros educativos e 9 colectivos sociais). Con esta iniciativa, a empresa pública adscrita á Consellería de Medio Ambiente pretende promover a reciclaxe da materia orgánica en orixe e axudar aos entes locais a cumprir os obxectivos europeos na recuperación desta fracción de lixo.

Así mesmo, conta nas súas dependencias de Cerceda cunha planta de compostaxe industrial que xa está dando servizo aos concellos veciños de Laracha, Carballo e Cerceda, os cales implantaron nos seus respectivos termos municipais o denominado quinto contedor (de cor marrón), destinado a acoller os restos orgánicos recollidos de forma selectiva para a súa posterior transformación en compost. Unha modalidade que combinan, nos tres casos, coa compostaxe doméstica nas zonas máis rurais a fin de completar o ciclo de recuperación da materia orgánica e poñela en valor mediante a súa transformación nun abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para o solo. Sogama imparte cursos de formación e edita material didáctico de apoio no que se describen os pasos a seguir. r.m.a.

15.000

toneladas anuais é a capacidade que a planta de compostaxe de Sogama está poñendo a disposición dos municipios máis próximos para que trasladen á mesma a materia orgánica recollida a través do contedor marrón. A compostaxe reporta tamén interesantes vantaxes económicas e sociais pola oportunidade que representa.

02 sep 2020 / 22:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito