Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aumenta a Xunta nun 2,5 por cento a contía media da prestación da Risga

renda de inclusión. Ao longo do ano 2021 houbo 5.500 persoas que deixaron de cobrar a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) ben por ter transitado ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) do Goberno central ou por deixar de precisar esta axuda. Con todo, seguíronse producindo novas altas, en concreto, 3.700 na renda galega para as persoas en risco de exclusión ou pobreza, según indica a Consellería de Política Social a este diario. O número de beneficiarios da renda autonómica a decembro do 2021 era de 7.200 persoas e ao longo do ano percibiron unha axuda de inclusión social (AIS) máis de 3000 galegas e galegos. Deste xeito, pódese “comprobar que o 50% dos perceptores incorporáronse no último ano e que a Risga segue sendo unha prestación necesaria” na comunidade.

Así mesmo, o departamento autonómico indica que “os atrancos na xestión do IMV”, con exceso de burocratización, pouco pesoal para levalo a cabo e constantes denegacións e posteriores peticións, “ están a provocar que as persoas sigan solicitando a Risga”, explica a Xunta, que engade que os orzamentos autonómicos para este 2022 “blindaron a Risga para garantir que todas as galegas e galegos que cumpren os requisitos necesarios e non transitaron ao Ingreso Mínimo Vital a sigan perciban. De feito, o Goberno galego incrementou nun 2,5% a contía media da Risga e das AIS, indica nunha nota, adaptándose á inflación.

Nos Orzamentos galegos, en concreto, se reservan 44 millóns de euros para a Risga, ampliables en caso de ser necesario, e 4 millóns de euros para as AIS. Ademais, a Consellería de Política Social indica na súa nota de prensa que segue “avanzando na reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia en colaboración coas entidades e os profesionais do sector para adaptar o mapa de prestacións ao novo escenario xurdido coa aprobación do Ingreso Mínimo Vital (IMV). Nun momento coma este, o Goberno galego segue reforzando as axudas ás persoas que máis o precisan”. salomé barba

31 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito