Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Automoción e sector agroalientario tiran da exportación en Galicia

A comunidade situase entre as cinco do Estado que medraron en venta ao exterior

    Santiago. Galicia é unha das Comunidades Autónomas nas que más aumentou o valor das exportacións, mentres que no conxunto do Estado o comercio exterior caeu un 5,9% e está aínda moi lonxe de recuperar os niveis da pre pandemia, segundo os datos que ofreceu onte Baexga o Barómetro Exportador de Galicia, que se consolida como un dos indicadores máis importantes para avaliar a saúde da economía de Galicia.

    Porén, os datos do mes de outubro amosan unha ralentización do ritmo de crecemento observado no mes de setembro. O valor das exportacións no mes de outubro acadaou en Galicia os 2.219,9 millóns de euros, o que supón un incremento anual do 0,9% en relación co 2019.

    Nesta avaliación interanual, son dous os sectores responsables do bo comportamento do comercio exterior galego: a automoción e o sector agroalimentario, maila que no mes de outubro só o automóbil presenta datos positivos. Máis preocupantes resultan os datos do sector téxtil. Despois de rexistraren un lixeiro incremento no mes de setembro, amosan unha caída interanual dun 17,6% o cal, dado o seu elevado peso no comercio exterior galego, condiciona significativamente a evolución do valor total das exportacións.

    Canto aos destinos dos produtos e servizos exportados, preto das tres cuartas partes son a países da UE-27 (71,67%), un grado de concentración nesta área económica substancialmente maior que no conxunto de España (un 60,7%). Cabe salientar un positivo aumento de vendas aos países do Mercosur, especialmente Brasil e Arxentina.

    Conclúe o informe que as cifras de outubro deixan sentir os efectos da segunda vaga da pandemia e unha perda de dinamismo económico debido ás medidas restritivas. ECG

    24 dic 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito