Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Axudas galegas para impulsar a formación na industria forestal

Santiago. A Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, vén de abrir unha nova convocatoria do programa de axudas que ten como obxectivo impulsar a formación e divulgación no eido da industria forestal. Con esta liña, á que se destinan 500.000 euros, prevese beneficiar ao redor de 15 organizacións profesionais, realizar 136 actuacións e chegar a 1550 profesionais do sector.

A convocatoria, aberta ata o 19 de xullo, diríxese a agrupacións empresariais innovadoras, asociacións, organizacións, fundacións de interese galego e entidades sen ánimo de lucro, que teñan base asociativa e sexan representativas ou relacionadas coa cadea de valor da industria forestal; así como a colexios profesionais cando as actividades subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, segundo o disposto nos seus estatutos. ecg

20 jun 2021 / 17:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.