Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Baixan os casos activos de covid que se aproximan á barreira dos 10.000

A cifra de hospitalizados crece ata situarse nos 641, dos que vinte están en cuidados intensivos // Os novos contaxios nas últimas 24 horas foron 495

A situación do Covid en Galicia mantense estable nas últimas xornadas. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na comunidade é de 10.066, un descenso de 1.540 infectados que son 2.908 por debaixo do luns pasado. Do total, 2.197 son da área da Coruña, 1.151 da de Lugo, 1.328 da de Ourense, 1.138 da de Pontevedra, 1.844 da área de Vigo, 1.665 da de Santiago e 731 da de Ferrol. Ademais, o número de novos contaxios rexistrados nas últimas 24 horas foi de 495 casos.

Do total de pacientes positivos, vinte están en UCI e 621 en unidades de hospitalización. A situación hospitalaria é mellor que a do luns pasado, con 53 hospitalizados menos en total. Sen embargo empeora respecto á do sábado, xa que o número de pacientes en planta suben de 588 a 621 (+33) e os de UCI baixan de 22 a 20.

O número de persoas falecidas ascende a 3.477. As últimas rexistradas foron un home de 86 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee ( o día 20 de maio) e no día seguinte: un home de 94 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e un home de 77 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

ANTIVIRAIS CONTRA A COVID O Servizo Galego de Saúde dispensou un total de 318 tratamentos dos antivirais contra a Covid-19, ‘ Paxlovid’ e ‘ Evusheld’ aos usuarios dos centros sanitarios galegos, desde que o pasado 28 de marzo Galicia recibise a primeira remesa destes medicamentos.

A Consellería de Sanidade detallou que, por áreas sanitarias, na da Coruña e Cee dispensáronse 60 tratamentos; na de Vigo, 58; na de Santiago e Barbanza, 29; na de Ferrol, 24; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 80; na de Pontevedra e O Salnés, 14; e na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 53 tratamentos.

23 may 2022 / 11:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.