Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
REIVINDICACIÓNS LABORAIS

Caravana de auxiliares de Endesa ata Ferrol

A mobilización partiu desde As Pontes por unha transición xusta

Por unha transición xusta, máis de 60 vehículos participaron este xoves nunha caravana reivindicativa de auxiliares de Endesa. A comitiva circulou con carteis desde As Pontes ata Ferrol, para reclamar garantías de emprego ante o inminente peche da central térmica. Piden tanto un impulso ás probas de biocombustibles como outras alternativas de futuro industrial.

Segundo Alberte Amado, voceiro dos operarios das subcontratas pola CIG, “falta implicación tanto do Ministerio de Industria como da Xunta de Galicia”. E advirte que outras centrais de Endesa que se pecharán antes en España “non teñen alternativas, só hai despidos para as auxiliares... vemos que a transición xusta só se está quedando nun eslogan”.

O vindeiro día 22 de xuño, celebrarase unha nova reunión entre o Ministerio de Industria e as partes afectadas. “Veremos o que dará de si, e o que se pode ir avanzando para esas datas”, indica Amado.

11 jun 2020 / 20:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.