Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Case 37.000 escolares recibiron formación con ‘Recíclate con Sogama’

medioambiente. Preto de 37.000 escolares de toda Galicia recibiron formación en materia ambiental da man do programa Recíclate con Sogama, unha iniciativa cun enfoque teórico e práctico que se incorporou ao Plan Proxecta da Xunta de Galicia hai xa oito anos.O obxectivo principal do proxecto é inculcar nos nenos bos hábitos na prevención de residuos e reutilización de produtos, así como instaurar a reciclaxe nas aulas e concienciar á comunidade educativa sobre a correcta separación dos refugallos e o seu posterior depósito nos contedores correspondentes para ser transformados en novos materiais.Para isto, a empresa pública proporciona aos centros educativos participantes –25 por curso académico, maioritariamente de primaria– os medios necesarios para que poidan levar a cabo os seus proxectos de reciclaxe coas máximas garantías, como por exemplo as illas de reciclaxe, conformadas por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, azul e verde xenérico), así como composteiros, que se reparten naqueles colexios que dispoñen de servizo de comedor. De igual xeito, Sogama veu convocando premios específicos para motivar ao alumnadoa traballar con máis intensidade na reutilización e reciclaxe. ecg

12 sep 2020 / 23:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.