Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cen novos profesionais no plan de saúde mental

OURENSE. Alberto Núñez Feijóo, destacou a contratación de 100 novos profesionais desde 2020 para desenvolver o Plan de saúde mental de Galicia poscovid. Un programa que conta cun investimento de 83 millóns de euros entre 2020-2024 e que chegará ás 241 prazas neste período, co obxectivo de desenvolver novos iniciativas de prevención e de atención neste eido. Durante unha visita ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), Feijóo explicou que a contratación destes profesionais permitiu poñer en marcha unidades de prevención do suicidio como a de Ourense, noutras 5 áreas sanitarias galegas, así como hospitais de día infanto-xuvenís noutras dúas áreas máis -Vigo e Santiago-; contar con psicólogos clínicos de enlace de primaria e hospitalaria nas sete áreas; e ampliar a hospitalización a domicilio de saúde mental en tres áreas sanitarias -Ourense, Santiago e Pontevedra-.

Así mesmo, destacou o reforzo do programa sociosanitario para as residencias e a creación de cinco novas unidades ambulatorias: tres de adultos (en Ordes, Oleiros e Tui); e dúas infanto-xuvenís (na Coruña e en Vigo). Todas elas multidiciplinares, é dicir, con psiquiatría, psicoloxía, enfermaría especialista e traballo social.

Feijóo recordou que nos orzamentos deste 2022 os fondos para saúde mental aumentaron 4,4 millóns de euros. Por unha banda, para seguir aumentando progresivamente as prazas en centros de rehabilitación, pisos protexidos ou centros residencias; para incrementar o apoio ás entidades sociais que traballan coa saúde mental; e para seguir incorporando persoal, con outras 43 novas prazas este ano, con fin de poñer en marcha programas centrados na prevención e na atención da mocidade, o colectivo máis afectado pola pandemia na saúde mental.

Nesta mesma liña, confirmou que este ano poranse en funcionamento dous hospitais de día infanto-xuvenís máis -en Lugo e na Coruña-; e iniciarase a obra para dotar á Comunidade dunha segunda unidade de hospitalización para pacientes agudos de saúde mental infantís e xuvenís, que estará no Álvaro Cunqueiro. f.a,

12 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito