Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Centros de fabricación avanzada poden optar a un novo paquete de axudas ata o dez de xaneiro

Na primeira consulta beneficiáronse, entre outras, a Cidade das TIC da Coruña, con 4,52 millóns de euros

Santiago. As empresas e demais entidades interesadas que aspiren a activar fábricas compartidas, centros loxísticos e de fabricación avanzada e espazos industriais especializados, poderán presentar ideas ao Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ata o vindeiro 10 de xaneiro, según informa a Xunta nunha nota de prensa.

Con motivo da nova consulta programada pola Consellería de Economía para coñecer a demanda de espazos industriais compartidos entre o tecido produtivo galego, a Xunta vén de abrir o prazo para que os operadores económicos interesados poidan comunicar as súas propostas de proxectos que poderían impulsarse e de suxestións sobre o futuro marco de apoios a este tipo de infraestruturas industriais.

Con esta iniciativa, o Goberno gallego pretende “desenvolver liñas de axuda que permitan impulsar este tipo de centros e instalacións colaborativas, ao tempo que se optimiza o deseño dunha nova liña de axuda no marco da Axenda Industria 4.0, que promove a presenza de infraestruturas axeitadas como un dos factores determinantes da mellora d competitividade das pemes galegas” asegura.

De feito, este tipo de infraestruturas abertas a pequenas e medianas empresas (pemes) e autónomos supoñen unha oportunidade para contar con servizos aos que non poden ter acceso de xeito habitual.

A Consellería indica así mesmo, que unha vez rematado o prazo de presentación de manifestacións de interese para estas axudas, analizará as ideas presentadas e deseñará as bases reguladoras do programa, que contará cun orzamento aproximado de 10millóns de euros. “A invitación é aberta e diríxese a empresas de todos os tamaños e outros operadores económicos interesados en promover infraestruturas colaborativas de apoio industrial” en Galicia que “contribúan a modernizar e desenvolver a base industrial da zona na que se establezan, con especial énfase na sustentabilidade”, asegura a nota.

Sete proxectos impulsados na primeira convocatoria O departamento de Economía autonómico destaca que a primeira consulta deste tipo tivo como resultado 26 manifestacións de interese válidas, que permitiron deseñar unha convocatoria axustada ás necesidades reais da industria galega. A posterior liña de axudas que se lanzou deu lugar a sete proxectos que atinxen a ámbitos e sectores industriais diversos como as TIC, o biotecnolóxico, a loxística, o turismo ou o agroalimentario.

As ideas apoiadas foron, en primeiro lugar, con 4,82 millóns o desenvolvemento dun centro de servizos avanzados na Cidade das TIC da Coruña, que contará con catro laboratorios para a realización deprobas e o aloxamento de empresas do sector. Ademais, 4,3 millóns para o centro loxístico da Automoción no Porriño para a realización de actividades de formación, demostración e experimentación sobre operacións reais no eido da automoción pero tamén no alimentario e o naval.

O centro biotecnolóxico do Tambre recibiu unha axuda de máis de 4 mollóns para prover ao sector de laboratorios para actividades de I+D+i, equipamento compartido e instalacións de uso común. A cuarta infraestrutura é o Centro galego de tratamentos térmicos do aceiro que, cun apoio de 2 millóns, estará situado en Narón co obxectivo de facilitar a realización de máis traballos con este material, como a reparación de buques. No eido do turismo e a innovación, impulsouse con 370.000 euros o Centro de Servizos Avanzados Galicia TurisTIC en Vilagarcía de Arousa.

Finalmente, apoiouse a planta piloto de Inleit en Curtis con 2,4 millóns de euros para a síntese de proteínas e subprodutos lácteos de alta calidade e concedéronse 2,5 á Agrupación de Cooperativas Lácteas (Acolat), en Caldas de Reis e pertencente a Clesa, para impulsar uncentro de fabricación avanzado de lácteos de alto valor engadido, tal e como asegura a Xunta. s. barba

13 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.