Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cogami denuncia os retrasos existentes para a valoración de persoas con discapacidade

A asociación considera urxente poñer en marcha o novo baremo para medir a minusvalía, que foi actualizado recentemente

Unha valoración a tempo e unha baremación actualizada son as peticións das persoas que ven afectado o seu día a día por algunha discapacidade.

Baixo o lema #EsperaYDesespera, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) denunciou este martes fronte ao edificio Cegadi onde se atopan os Equipos de Valoración e Observación da Discapacidade (EVO), a desesperante espera que milleiros de persoas levan vivindo dende hai anos por esta causa.

Mediante a formación dunha ringleira dun cento de persoas que saía da porta principal do EVO, Cogami quixo simbolizar e denunciar as intolerables esperas que asumen a diario as persoas con discapacidade para acceder aos seus dereitos.

Este acto, organizado co motivo do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, contou en Compostela coa participación de representantes das entidades ACEM Compostela, Ambar da comarca da Barbanza, Misela de Noia, Avante de Val do Dubra, Acadar, Amico, Conartritis, profesionais e persoas usuarias do proxecto Innovador de Cogami que se desenvolve no Cegadi, xunto a persoas que se ven afectadas por esta situación.

Durante as intervencións, denunciaron que non recibir unha valoración ou unha revisión do grao de discapacidade a tempo, prexudica ás persoas con discapacidade no emprego, a educación, a accesibilidade, a saúde e tamén impide acceder a prestacións que compensan a desigualdade de oportunidades.

Informaron que atendendo á comunidade autónoma, o tempo de agarda é variable, pero incluso dentro dun mesmo territorio ou unha mesma provincia, hai diferencias notables ao respecto. Destacaron que na mesma cidade, pódese atopar un tempo de espera medio de 11 meses e persoas que tardan ata 36 meses en conseguir ter a mesma valoración.

Nos casos máis graves detectados por Cogami, Comemfe (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) e o seu movemento asociativo, “hai persoas que faleceron antes de ter a resolución, tendo que estar todo o tempo de espera sen recibir apoios no momento no que os precisaban”.

A todo isto, súmase o novo baremo da discapacidade, cunha espera que ascende a máis de 20 anos. É urxente poñer en marcha o novo baremos do grao de discapacidade, o cal foi consensuado por organizacións, o Goberno e as comunidades autónomas.

Segundo informa Cogami, o novo baremo incorpora melloras para o recoñecemento vinculadas á discapaciadde orgánica, como a fatiga e a dor, enfermidades reumatolóxicas ou enfermidades que cursan con brote.

03 may 2022 / 13:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.