Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
ENTREVISTA

Comezaron pola noite case o 45 % dos lumes rexistrados nun mes

Medio Rural supervisa o traballo de vixilancia dos montes, reforzado este ano con dous drons

Galicia computa un total de 568 incendios forestais neste último mes, de entre os cales 255 se produciron fóra do horario de actuación dos medios aéreos de control e extinción de lumes. Outros 29 tiveron o seu comezo con dous ou máis focos sincrónicos. Así o destacou onte o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, quen de igual modo resaltaba que a metade dos incendios (uns 284) amosan evidentes manifestacións de teren sido provocados, ademais de terse rexitrado en condicións de temperaturas altas ou vento forte.

Devanditas cifras foron achegadas polo conselleiro onte no distrito forestal da localidade de Monterrei (unha das máis afectadas por estas prácticas malfeitas), a onde acudiu para coñecer de primeira man o traballo de 3 vehículos aéreos non tripulados, drons, empregados nesta tempada de alto risco de lumes polos axentes ambientais do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta co obxectivo de vixiar, disuadir e perseguir as actividades incendiarias delituosas.

Asimesmo, subliñou que a combinación do traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da profesionalidade dos axentes e demais persoal do Servizo e da colaboración cidadá “está a dar resultados na investigación” contra a intencionalidade incendiaria que asoballa as nosas terras. Como exemplo, incidiu nos dous presuntos responsables de varios incendios detidos na fin de semana, un ingresado xa en prisión.

Derivado do anterior, José González reafirmou o compromiso da Xunta de seguir traballando para anticiparse aos lumes e reforzar a “vixilancia, disuasión e a persecución” destes delitos. Fano, engadiu, co esforzo humano e material e tamén “incorporando as últimas tecnoloxías, como poden ser os drons ou as cámaras de vixilancia, que cobren xa o 60% do noso territorio”.

Dos drons lembrou que están controlados mediante unha emisora cun alcance de 3,5 quilómetros de distancia. Ademais, especificou que contan cunha cámara dual con varios modelos de visualización, polo que “os incendiarios –remarcou– están totalmente vixiados tanto de día coma de noite”.

O conselleiro repetiu o seu agradecemento e recoñecemento ao labor dos profesionais antiincendios da Xunta polo compromiso e profesionalidade postos en defensa do patrimonio forestal e, sobre todo, das persoas. Así, destacou: “Dos 568 incendios, o 75% foron conatos, é dicir, non chegaron a unha hectárea, e iso é grazas ao extraordinario traballo dos servizos de extinción de incendios de Galicia, da UME, dos corpos de seguridade, Protección Civil, etc”.

Por último, José González apelou á colaboración e concienciación cidadá, ademais de denunciar “calquera movemento ou actividade delituosa da que teñan sospeita ou coñecemento que poida axudar a identificar aos delincuentes”. A estes recórdalles que “os vixiamos por terra e hoxe tamén por aire”.

14 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.