Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Conde ve improvisada a política enerxética do Goberno

economía. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Innovación e Industria, Francisco Conde, calificou de “ocorrencias” e “improvisación” as medidas do plan de aforro enerxético do Goberno central que, na súa opinión “achéganse máis a ocorrencias que a impacto real para reducir o consumo”. “Esperamos que o Goberno se tome en serio a política enerxética, que abandone a frivolidade e estableza un diálogo sincero e aberto coas comunidades”, manifestou. En declaracións aos medios, Conde criticou que o Executivo central actúe “á marxe dos sectores económicos”. Neste sentido, censurou que “non hai ningún tipo de dato” sobre os impactos das medidas propostas e sobre “que poden supor desde o punto de vista do aforro enerxético”.

Así mesmo, Conde asegurou que a Xunta acudirá “como sempre” á conferencia sectorial convocada para o martes polo Ministerio de Transición Ecolóxica e de Reto Demográfico para aclarar dúbidas sobre o plan de aforro enerxético, cuxas primeiras medidas está previsto que entren en vigor o vindeiro mércores.

Con todo, este sábado demandou ao Goberno central “cooperación sincera” coas comunidades e que clarifique cales van ser os pasos para que sectores como o comercio, o turismo ou a industria “non se vexan prexudicados”.

“Pedímoslles que abandonen a frivolidade e que en materia de política enerxética establezan medidas que favorezan aos sectores económicos e ás familias, que se controle o prezo eléctrico, que as industrias poidan acceder e manter a súa actividade”, sentenciou o vicepresidente primeiro. E.p./ECG

06 ago 2022 / 22:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito