Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Continúa a limpeza da Xunta nas estradas galegas

    marxes. A Xunta continúa os traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Pontevedra e de Ourense e comeza novas tarefas na provincia de Lugo.

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade renovou a encomenda á empresa pública Seaga para a realización de tarefas de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias, de cara á prevención de lumes e o reforzo da seguridade viaria, á que destina un investimento de preto de 1,5 millóns de euros.

    No marco destas actuacións, este luns continuarán os traballos na vía de altas prestacións Brión-Noia, na estrada OU-801, entre Ribadavia e Ponte Barxas, e na PO-308, localizada no concello de Sanxenxo.

    Ademais comezarán novas tarefas de mantemento nas marxes da vía de altas prestacións CG.2.1, en Monforte de Lemos.

    O conxunto de traballos realizados dentro deste contrato, renovado coa empresa pública Seaga para os vindeiros 12 meses, completan os que se veñen realizando ao longo do ano polo servizos ordinarios de conservación de estradas da Xunta. Entre outros, impúlsase a roza de vexetación de dominio público das estradas galegas. ecg

    02 ago 2021 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.