Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Creado hai 25 anos, o selo Galicia Calidade representa o 6% do PIB da comunidade

A directora xerente, Ana Méndez, salientou que o distintivo autonómico factura máis de 4.400 millóns de euros anuais

O selo Galicia Calidade factura máis de 4.400 millóns de euros anuais, o que supón “máis do 6% do Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade”, tal e como salientou a directora xerente, Ana Méndez, na celebración onte do aniversiario deste distintivo.

“Vinte e cinco anos despois, está marca segue representado o desexo de ser excelentes e seguir triunfando”, aseverou pola súa banda o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, na que recordou a frutífera andaina dunha iniciativa que se asentou como marca no ano 1997 co apoio do Goberno galego para amparar e potenciar a reputación da materia prima galega, a excelencia dos seus produtos e a calidade dos seus servizos.

Trátase dun distintivo que “rachou tópicos e amosou unha Galicia que non se baseaba nin imaxes grises nin lendas negras”, segundo quixo poñer en valor o titular do Goberno galego. Neste senso, agradeceu a “aposta visionaria”que tiveron de sumarse nos seus inicios a esta iniciativa marcas xa nese momento amplamente recoñecidas nos mercados, como Estrella Galicia, Coren ou Jealsa.“As tres apostaron desde un principio e teñen agora moita potencia”, destacou.

Rueda tamén destacou aquelas firmas que non tardaron en formar parte do distintivo Galicia Calidade, como Cabreiroá, Mondariz, Feiraco, o Porto de Celeiro e Avícola de Galicia. Hoxe en día, xa son 150 as empresas que integra o selo e un total de 750 produtos e servizo.

Así, salientou o Presidente autonómico que ‘Galicia’ e ‘calidade’ quedaron “unidas para sempre e parece que unha leva á outra”. “Quen aspire a entender o que somos non pode ignorar que Galicia leva o apelido de calidade”, enxalzou Alfonso Rueda.

Consellos reguladores e auditorías. Pola súa banda, a directora xerente, Ana Méndez, salientou as esixencias que supón poder facer uso da marca e resaltou que “todas as empresas e produtos están certificados polos consellos reguladores, así como por auditorias”

Galicia Calidade certifica a calidade, avalada pola orixe galega, a elaboración en Galicia, a materia prima ou o deseño galego, dos produtos e servizos que sexan merecentes desta distinción, despois de contrastada mediante os controis establecidos.

Na actualidade, entre os máis de 700 produtos e servizos que certifica este distinto hai unha ampla variedade de produtos agroalimentarios, bebidas, xouvaría, ouvaría ou tamén aloxamentos vacacionais.

Méndez celebrou, neste sendo, que o distintivo Galicia Calidade sexa hoxe en día unha auténtica “marca paraugas da economía galega”, posto que abarca un amplo abanico de sectores. Con todo, advertiu que “non nos podemos quedar aí” e comprometeu todo o seu apoio de cara o futuro para “seguir medrando e sendo máis grandes”.

Galicia Calidade Alimentaria. Nesta liña, Rueda salientou unha nova aposta do distintivo polo sector agroalimentario coa sección ‘Galicia Calidade ALimentaria’, que apostará por produtos recoñecidos do sector alimentario galego, “pensando sobre todo en impulsar a súa internacionalización”.

Garantiu, asemade, que a Xunta de Galicia seguirá comprometida coa calidade dos produtos agroalimentarios galegos. Así, precisou que o Goberno galego investirá preto de 5,5 millóns de euros en 2023 para dar a coñecer as bondades das 36 denominacións e indicacións xeográficas protexidas en feiras e mediante campañas ou para promover a produción de proximidade.

Dende o ano 2009, o Executivo autonómico, tal e como puxo en valor o Presidente, amosou a súa aposta decidida por este distintivo coa inxección de máis de 22 millóns de euros, “para conquistar a excelencia de Galicia en sectores como a moda, a conserva ou automoción”.

Estratexia 2022-2025. Para impulsar a imaxe da comunidade e reforzar a marca Galicia Calidade, a Xunta de Galicia puxo en marcha unha estratexia que permita a este distintivo abordar os diferentes retos aos que se ten que enfrontar no contexto actual.

Neste senso, para impulsar o cremcemento da comunidade é preciso, segundo expón o executivo autonómico, impulsar a competitividade do tecido empresarial, apostar pola innovación para crear valor con produtos e servizos diferenciados e potenciar a proxección empresarial no exterior.

Como parte da estratexia para abordar estas necesidades, o distintivo Galicia Calidade conta cunha imaxe de marca internacional (’Galicia Quality’) e cunha fonna aposta pola promoción da economía e a competitividade de Galicia.

O obxetivo de cara 2025 é multiplicar por dous o número de empresas e referencias de produtos certificados, fortalecer o acceso a novos mercados e distribuidores, incrementar a capacidade de negociación das canles de distribución e multiplicar o impacto das principais feiras nacionais e internacionais e nas misións comerciais.

15 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.