Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cursos gratis para autónomos e pemes de APE-Galicia

Formación. APE Galicia, consciente da importancia da formación para autónomos e pemes, e da dificultade que supón para estos colectivos o acceso á mesma, puxo á súa disposición unha ampla e variada oferta formativa gratuíta.

Moitos pensan que montar un negocio é fácil, que só é necesario ter diñeiro, actitude e unha boa idea. E é certo que se necesita todo iso, pero tamén unha boa formación que axude a conducir o noso proxecto e mantelo no tempo, e para iso é imprescindible seguir formándose.

“Sabemos que estar ao mando dun negocio non é fácil, pero tamén sabemos que deixar ao carón a formación non axuda. É necesario seguir adquirindo os coñecementos necesarios para prosperar, para ser máis competitivos, ofrecendo servizo de calidade e non quedando atrás na actividade que desenvolvemos”, din.

Por iso, en APE Galicia “cremos que é indispensable poder dispoñer dunha oferta formativa en liña e para iso, en colaboración con Maude Studio, puxemos en marcha unha plataforma de formación, onde as persoas interesadas (autónomos, asalariadas, desempregadas, etcétera) poden acceder a unha ampla variedade de cursos de forma gratuíta.

Finalizarase este ano organizando 18 cursos gratuítos para persoas traballadoras autónomas de calquera sector e a traballadores por conta allea de empresas pertencentes ao sector servizos: consultorías, xestorías, asesorías, estudos de mercados e opinión pública, empresas de enxeñería e oficinas de estudos técnicos, empresas de traballo temporal, contact center (telemárquetin, entre outras).

Todos eles son en modalidade online, sen horarios de conexión para poder realizalos de maneira flexible, ademais de subvencionados ao 100 % polo SEPE, polo que non se trata de formación bonificada nin afectan os créditos da empresa.

Todos os cursos están dispoñibles na plataforma de formación www.apegalicia.gal, desde onde acceder aos contidos e matricularse. Tamén se pode contactar coas oficinas de APE no 986 891 657 para informarse. I.A.

13 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito