Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘DivúlgaT 2022’ vén a falar de ciencia en lingua galega

Lugo. Docentes e investigadores do campus lucense da USC presentarán ao longo do día de hoxe algunhas das liñas de investigación e proxectos de I+D nos que traballan a través de monólogos, no marco do programa ‘DivúlgaT’, a partir das 19:30 horas, na Casa do Saber e con entrada é libre e de balde para todo o público interesado. Os encargados de abrir a sesión de hoxe neste “menú de petiscos de divulgación científica”, tal e como o indican dende a USC, serán Alejandro Cao Cancelas e Sandra Raposo García coa exposición ‘Os perigos da auga’. ‘A morte na ría: o caso do berberecho de Arousa’, é o título do monólogo que ofrecerá María Pampín Iglesias, a quen sucederá no escenario Inés Martínez Sambade co relato ‘Detección de marcas de resistencia e parasitos en ostra plana’. O monólogo de Fernando Vázquez Miranda ‘Pesos sentinela de canais de vacún sacrificados en matadoiro’, e os relatos ‘Que non che dean galego por francés!’, ‘Anatomía do pracer’, ‘Zombis, enfermidades e cairomonas’ e ‘Gatos, embarazadas e ratos zombis’, que terán como protagonistas a Nicolás Mejuto Vázquez, Irene Ortiz Leal, Pablo Sánchez Quinteiro e David García Dios, completan o programa da primeira sesión do ciclo ‘DivúlgaT’, un programa que promovido para divulgar a ciencia en lingua galega. O programa do ‘DivúlgaT 2002’ continuará o 29 de novembro coa segunda e última sesión de “petiscos” de divulgación científica. Nerea Gandoy Fieiras abrirá o acto co relato ‘Amor a primeira vista!’, ao que seguirá a intervención de Adrián Casanova Chiclana ‘E ti de quen vés sendo?, dille o xenetista á troita’. ‘Migrantes audiovisuais e redes’, da man de Daniel Manuel Vázquez Vila, e ‘Incendios forestais e herbivorismo pírico’, de María Rosa Mosquera, darán continuidade a unha sesión na que Gonzalo Pérez de Lis e Ana Paula Losada ofrecerán cadansúa charla baixo os títulos ‘As árbores non poden correr, pero si adiantar a hora’, e ‘Megaestruturas dos organismos vivos: a saúde comeza no intestino’. ‘Unha vaca moi intelixente’, a cargo de Uxía Yáñez Ramil, completará o programa de faladoiros edición. E.Nieto

22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.