Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dous mortos nas últimas horas nas estradas galegas

Un dos accidentes, no que faleceu un home de 67 anos, rexistrouse no Irixo. O outro tivo lugar en Vilagarcía

Un home de 67 anos faleceu na madrugada deste sábado no termo municipal do Irixo (Ourense) nun accidente de circulación no que tamén resultou ferido de consideración o ocupante do outro vehículo implicado.

Segundo apuntan os servizos de emerxencia este sábado, o sinistro produciuse ás 03,25 horas da madrugada no quilómetro 20 da estrada OU-902 á altura de Dadín.

O impacto frontal entre os dous coches fixo que un dos vehículos saíse despedido, caendo por un desnivel.

Con todo, o peor parado foi o ocupante do outro turismo, un home de 67 anos veciño do Irixo, cuxo corpo quedou atrapado no interior do habitáculo.

Unha vez excarcerado polos bombeiros do Carballiño, os servizos de emerxencia certificaron o falecemento do home.

Ademais, o condutor do outro coche, outro home de 29 anos de idade e tamén veciño do Irixo, resultou ferido de consideración e foi evacuado de urxencia ao CHUO.

OUTRO ACCIDENTE MORTAL EN VILAGARCÍA

Por outra banda, unha persona morreu na tarde deste sábado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) tras caer por un terraplén e envorcar co coche que conducía.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, ocorreu sobre as 16,30 horas. Foi un particular quen chamou á central de emerxencias para alertar do ocorrido.

Seguidamente, o 112 pasou o aviso do sinistro a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros do Salnés e ao Servizo de Emerxencias Municipal de Vilagarcía, así como á Policía Local.

Os bombeiros excarceraron ao condutor, único ocupante do vehículo, pero xa se atopaba falecido.

EUROPA PRESS

03 jul 2021 / 11:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.