Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Duplícanse as axudas para as familias numerosas

Este es la plantilla de ECG
14:24 h.

Uso da máscara no exterior

    Preguntado pola posibilidade de prescindir do uso da máscara no exterior coa vista posta no verán, o presidente da Xunta reitera que na súa opinión sería o lóxico, especialmente se falamos das praias. En calquera caso, reitera que será unha decisión que se tome de xeito consensuado.

    Este es la plantilla de ECG
    14:20 h.

    Máis do 90% dos vacinados con AstraZeneca piden a segunda dose da mesma vacina

      Ao igual que acontece a nivel estatal, Núñez Feijóo confirma que en Galicia máis do 90% dos vacinados cunha primeira dose de AstraZeneca, piden recibir a segunda dose da mesma vacina.

      Este es la plantilla de ECG
      14:10 h.

      Indultos polo procés

        O presidente da Xunta cre que hai "razóns poderosas" para manifestarse "pola ameaza" de indultar aos políticos cataláns do procés. Sostén que é "unha equivocación nestas condicións e neste momento indultar a políticos que cometeron delitos e cuxo proxecto e seguir cometéndoos". Di que o  vindeiro domingo, día da manifestación convocada en Madrid en contra dos indultos, el sairá de viaxe e, polo tanto, non estará nela. Non confirma se asistiría á mobilización en caso de non ter que facer esa viaxe.

        Este es la plantilla de ECG
        14:06 h.

        Desescalada no ocio nocturno

          Preguntado pola desescalada no ocio nocturno, Núñez Feijóo di que lle corresponde ao Goberno central tomar unha decisión sobre a súa apertura. A proposta feita polo Executivo central será contrastada, di, co sector en Galicia. En calquera caso, a Xunta "valora positivamente" a progresiva apertura do sector, con cautela e limitacións. 

          Este es la plantilla de ECG
          14:02 h.

          Prevención de enfermidades transmitidas polos mosquitos

            Convenio coa Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo para a observación e identificación de mosquitos transmisores de enfermidades como o dengue. 

            Este es la plantilla de ECG
            13:59 h.

            Plan Cultura Marítima

              Acordo entre a Xunta e universidade para o Plan Cultura Marítima, cuxo obxectivo é poñer en valor o patrimonio marítimo de Galicia.

              Este es la plantilla de ECG
              13:58 h.

              Axudas á eficiencia enerxética nas instalacións agrogandeiras

                A Xunta destinará 22,8 millóns de euros á mellora da eficiencia enerxética nas instalacións agrogandeiras galegas.

                Este es la plantilla de ECG
                13:57 h.

                Colaboración coa Catedral de Santiago

                  A Xunta colaborará na seguridade e limpeza da Catedral de Santiago. A aportación total achégase ao millón de euros.

                  Este es la plantilla de ECG
                  13:52 h.

                  Duplícanse as axudas para as familias numerosas

                    O presidente da Xunta explica que o seu executivo duplicará a contía destinada ás familias numerosas. "Dedicaremos nos vindeiros anos, entre o 2021 e o 2023, 63 millóns de euros", detalla Núñez Feióo. Serán 48 medidas distribuidas en cinco áreas. Segundo o presidente, hai en Galicia 26.800 familias numerosas. O principal desembolso, dentro das medidas acordadas, será para a ampliación a tres anos da tarxeta benvida de 200 euros, que poderán chegar a 3.000 euros se o nacemento é no rural.

                    Este es la plantilla de ECG
                    13:39 h.

                    Críticas ao Goberno central polo novo plan de rescate

                      O presidente da Xunta confirma que foron aprobadas as condicións para o reparto dos 234 millóns de euros que Galicia recibirá dun novo plan de rescate, este estatal. Afirma que o Executivo central está a discriminar de novo a Galicia, por darlle só esa cantidade dos 7.000 millóns aprobados. Critica que un dos requisitos para recibir estas axudas por parte dos negocios sexa non ter os pagos ao día. Estas partidas irán destinadas a tódalas actividades económicas onde haxa unha caída dos ingresos igual ou superior ao 40%. 

                      Este es la plantilla de ECG
                      13:37 h.

                      Plans de rescate pola COVID

                        Máis de 87 millóns de euros outorgados do segundo plan de rescate activado pola Xunta por mor da COVID. En total 327 millóns ata o momento. 

                        Este es la plantilla de ECG
                        13:34 h.

                        14.000 vacinas de Janssen á semana

                          Galicia está a recibir unhas 14.000 vacinas de Janssen á semana, e Núñez Feijóo confía en que aumenten. O domingo comezará a vacinación da poboación de entre 40 e 49 anos na área sanitaria de Santiago.

                          Este es la plantilla de ECG
                          13:33 h.

                          A evolución da pandemia "segue sendo boa"

                            Logo de repasar os datos sobre a situación do COVID en Galicia, o presidente da Xunta confirma que a evolución da pandemia en Galicia "segue sendo boa". Agradece o esforzo da poboación e explica que a vindeira semana podería ampliarse o límite de persoas participantes nas reunións, tanto ao aire libre como no interior.  Alberto Núñez Feijóo confirma que case o 52% da poboación ten unha dose das vacinas, e case o 30% está xa inmunizada.

                            02 jun 2021 / 12:49
                            • Ver comentarios
                            Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                            TEMAS
                            Tema marcado como favorito
                            Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.