Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 25 mayo 2020
04:11
h

Educación baixa as taxas dos máster universitarios e equipáraas coas de grao, que seguen conxeladas

As taxas de grao mantéñense sen variacións na Comunidade por décimo ano consecutivo

SANTIAGO. EP. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, tras analizar o seu Executivo o informe coa proposta, que en Galicia se baixarán os prezos públicos das primeiras mátrículas dos máster universitarios non habilitantes (enfocados a unha especialización de coñecementos ou á investigación científica). O obxectivo é equiparar estes prezos cos de grao universitario, que seguen conxelados.

De feito, as taxas de grao mantéñense conxeladas na Comunidade por décimo ano consecutivo e tamén continúan sen variacións as do máster habilitante, aquel que é preciso para exercer unha profesión. Con esta decisión, Feijóo reafirmouse en que Galicia volve estar á cabeza das comunidades con taxas máis baratas para cursar este tipo de estudos.

En concreto, con esta decisión, o prezo medio de matrícula dos máster non habilitantes pasará dos 26,49 euros/crédito actuais (por baixo dos 31,06 euros/crédito da media estatal) aos 11,89 euros/crédito de media fixados xa para os graos universitarios e os máster habilitantes.

Esta medida, segundo o Executivo autonómico, suporá un aforro estimado de 21,3 millóns de euros en matrículas para as familias galegas con estudantes universitarios, a razón de entre 308 e 1.150 euros por familia, en función do tipo de estudos.

A Xunta tamén reivindica que Galicia é a única Comunidade que "xa está a cumprir" co obxectivo marcado polo Goberno de España de manter conxeladas as taxas para o próximo curso.

CONVENIOS COAS UNIVERSIDADES

O Goberno galego tamén analizou un informe na súa reunión semanal no que se ratifica que asinou convenios co tres universidades galegas por importe de máis de 3,3 millóns no segundo semestre de 2019. A achega económica total incrementouse, segundo os cálculos do Executivo autonómico, nun 71,25 por cento.

No seu conxunto, a través das súas diferentes consellerías e organismos, a Xunta subscribiu no período analizado un total de 32 convenios de colaboración coas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

22 may 2020 / 19:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.