Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

“El Correo Gallego contribuíu á xeración dunha identidade común de Galicia por encima de intereses concretos ou visións localistas”

Este es la plantilla de ECG
13:47 h.

"O papel dos medios foi fundamental porque déronlle a todo un verniz normalizador"

    Manuel Ferreiro Regueiro, director de El Ideal Gallego, sinalou na súa intervención que nestes 40 anos "os galegos nos acostumamos a ter un presidente, unha Xunta, e un Parlamento autonómico. O que era novo daquela mudou en cotián. O papel dos medios foi fundamental porque déronlle a todo un verniz normalizador". En calquera caso, advertiu, "a batalla aínda non está gañada de todo. Non podemos estar tranquilos ante este novo desapego que existe na sociedade, tanto cara á política como cara aos medios de comunicación".

    Este es la plantilla de ECG
    13:40 h.

    "El Correo Gallego contribuíu á xeración dunha identidade común de Galicia por encima de intereses concretos ou visións localistas"

    Antes de iniciar a súa intervención, e a preguntas da moderadora, José Manuel Rey, director de EL CORREO GALLEGO, afirmou estar "encantado de estar xa inmunizado contra o COVID.  Os problemas que din que xeneran as vacinas, comigo non van". 

    Deseguido, e xa en relación co 40 aniversario da aprobación do Estatuto de Galicia, Rey Nóvoa lembrou o que foi a súa orixe: o texto aprobado polos galegos "con auténtico fervor patriótico" en 1936, que non recibiu o apoio das institucións. Sen embargo, suliñou, "foi fundamental" para chegar á aprobación final do actual estatuto. Tamén fixo referencia ao chamado "Parlamento do papel", coa aparición das primeiras firmas políticas nos medios. Todos, tanto medios como políticos, "tiveron que ir aprendendo sobre a marcha". O proceso en Galicia foi máis difícil que en Cataluña e en Euskadi, porque aquí había menos tradición reivindicativa. 

    No seu repaso por estes 40 anos, o director de EL CORREO GALLEGO destacou a multitudinaria manifestación do 4 de decembro de 1977 cando "os galegos, fartos, saíron á rua para demandar o Estatuto de Autonomía. Había unha sensación de agravio. Chegouse a poñer en boca de Fraga que os recortes que se daban en Galicia debíanse a que aquí non había metralletas". O lento proceso cara a aprobación do Estatuto de Autonomía continuou. Cando saíron adiante no 80 os "pactos do Hostal", "a reivindicación perdera parte do seu impacto social. Sen embargo, o importante é que se dera o primeiro paso das célebres mil millas". 

    A prensa daquela tivo que afrontar "a doble responsabilidade de adecuarse ás novas tecnoloxías, e á reconversión mental aos novos tempos políticos. O camiño percorreuse con evidentes riscos. Foron da man políticos e xornalistas, camiñanado xuntos para favorecer o clima de construción por ambas partes". Sobre o papel xogado por EL CORREO GALLEGO, lembrou que "alentou desde o primeiro momento a cesión de parte do Pazo de Raxoi para as novas institucións. Tamén defendeu a morte a capitalidade de Santiago, e reivindicou para o futuro Parlamento os mellores edificios da cidade". 

    Foi a partir daquela, apuntou, cando no xornal "a información que se xeraba en Santiago comezaba a ter un matiz máis galego que localista". EL CORREO GALLEGO "fixo posible a xeración dunha identidade común de Galicia por encima de intereses concretos ou visións localistas. De feito, un dos nosos lemas é "para saber que pasa en Galicia". En 40 anos pasamos a ser paladíns do autogoberno". Rey Nóvoa rematou a súa intervención cun desexo: "Ogalla que os soños de hoxe se convirtan en realidade tanxible".

    Este es la plantilla de ECG
    13:15 h.

    "Reflexionar sobre a evolución dos xornais é reflexionar sobre a historia de Galicia"

      Xosé Pastoriza, director de La Región, expón que os diarios galegos asumiron "o seu novo papel na democracia, e exerceron de ponte entre as élites galeguistas e os sectores máis reivincicativos". Os xornais, engadiu, "erixímonos como cronista do que pasaba nas rúas". Os xornais tamén tiveron que vivir "as súas propias transicións", dixo. En calquera caso, fixo fincapé na "xusta aportación dos medios para lograr ese horizonte de sentido galeguista". Segundo Xosé Pastoriza, "reflexionar sobre a evolución dos xornais é reflexionar sobre a historia de Galicia. Levamos vividos 40 anos dos mellores da historia de Galicia". 

      Este es la plantilla de ECG
      13:04 h.

      "O papel da prensa daquela, cos seus acertos e erros, foi relevante"

        Alfonso A. Riveiro, director de El Progreso, comeza a súa intervencións sinalando que o título da mesa redonda supón un recoñecemento explícito ao papel xogado pola prensa e tódalas persoas que teñen un papel nela, co obxectivo último de chegar aos lectores. Cre que "o papel da prensa daquela, cos seus acertos e erros, foi relevante, e contribuiu á conformación da identidade galega". Ao seu parecer, naquel momento, hai 40 anos, faltou máis capacidade de crítica. Asimilar aquel Estatuto de Autonomía "foi un proceso que levou o seu tempo de maduración". Os medios foron "motor de cambio e contribuiron a facer máis visible a autonomía, xunto coa creación da televisión e a radio galegas". "Foron tempos convulsos e emocionantes", sinalou. Antes de rematar a súa intervención, Alfonso A. Riveiro chamou a atención sobre a "situación preocupante da lingua galega".

        Este es la plantilla de ECG
        12:54 h.

        "A prensa xogou hai 40 anos o mesmo papel que xoga agora"

          Rogelio Garrido García, director de Faro de Vigo, pide "non caer na melancolía ou na nostalxia do que pasou hai 40 anos." Na súa opinión, o papel dos xornais naquela época "era en esencia o mesmo que xogan nesta. Teñen un labor de ponte entre cidadáns que pensan diferente pero son quen de convivir nesa diferencia. Temos a obriga de fomentar o diálogo e o debate, de informar con honestidade, de defender intereses xerais e dar espazo a quen pensa de forma moi diferente, de proporcionar análises rigorosos...". O 40 cumpreanos do Estatuto de Autonomía, sinalou, é tamén un bo momento para analizar o papel da prensa. Faro de Vigo, dixo, ao igual que o Estatuto de Autonomía, busca fomentar o diálogo, a comunicación, o debate, o respeto e a pluralidade.

          Este es la plantilla de ECG
          12:48 h.

          O Estatuto de Autonomía na prensa

            Xosé Luis Vilela Conde, director de La Voz de Galicia, amosa varias portadas publicadas por este xornal relacionadas co Estatuto de Galicia, desde que se comezou a falar del ata a súa aprobación definitiva hai 40 anos: clamor pola autonomía, manifestacións, negociacións, tensións... Non foi, dixo, "un camiño fácil". O risco de que saíra adiante un proxecto "descafeinado", logo de aprobación dos estatutos de Euskadi e Cataluña, fixo que milleiros de persoas se botaran á rúa para reclamar un proxecto "sen discriminacións". A cousa saiu finalmente "ben", cun Estatuto de Autonomía co que "estamos contentos", aínda que haxa que adaptalo aos tempos.

            Este es la plantilla de ECG
            12:42 h.
            Este es la plantilla de ECG
            12:31 h.

            “Contribución da prensa galega á consolidación da autonomía. Análise e perspectivas”

              Comeza a mesa redonda sobre a “Contribución da prensa galega á consolidación da autonomía. Análise e perspectivas”, no marco da xornada conmemorativa do 40 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Moderada por Ana Martínez Pedrosa, delegada da Axencia Efe en Galicia, nela interveñen os directores Xosé Luis Vilela Conde, de La Voz de Galicia; Rogelio Garrido García, Faro de Vigo; Alfonso A. Riveiro, El Progreso; Xosé Pastoriza Martínez, La Región; Manuel Ferreiro Regueiro, El Ideal Gallego; e José Manuel Rey Nóvoa, director de EL CORREO GALLEGO.

              12 abr 2021 / 11:40
              • Ver comentarios
              Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
              TEMAS
              Tema marcado como favorito
              Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.