Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 20 octubre 2021
00:00
h

Extinguido o incendio que queimou 197 hectáreas en Carballeda de Valdeorras

O lume iniciouse o pasado sábado na parroquia de Sobradelo

O incendio forestal declarado o pasado sábado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras quedou extinguido a última hora da tarde deste luns tras queimar 197 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume quedou extinguido ás 20,57 horas deste luns após iniciarse o pasado sábado na parroquia de Sobradelo.

As últimas medicións apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada por este incendio en 197 hectáreas, delas 107 de monte raso e 90 arboradas.

Na extinción deste incendio participaron en total un técnico, 30 axentes, 52 brigadas, 25 motobombas, dúas pas, oito avións e nove helicópteros.

OURENSE. EUROPA PRESS

20 jul 2021 / 09:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.